Encuesta de hábitos y prácticas culturales en España 2010-2011


Elaborada polo Ministerio de Cultura, coa finalidade de, avaliar a evolución dos principais indicadores relativos aos hábitos e prácticas culturais e analizar outros aspectos relevantes no ámbito cultural, especialmente no que respecta aos consumos culturais, profundizando nas formas de adquisición de determinados produtos suxeitos a dereitos de propiedade intelectual, como libros, música, vídeo e software. O estudo foi realizado sobre 16.000 entrevistas a maiores de 14 anos.

Actividades culturais máis frecuentes segundo os resultados da enquisa sobre os que sinalamos os referidos ao noso ámbito:

Museos

Un 30,6% da poboación investigada visitou un museo no último ano. Polo que respecta á frecuencia da asistencia, os que visitaron un museo no último trimestre fixéronno, por termo medio 2,2 veces cada un.

Monumentos e xacimentos arqueolóxicos

O 39,5% da poboación visitou un monumento no último ano. Os que asistiron no último trimestre fixéronno 4,3 veces por termo medio.

O 29,3% mostra un elevado interese polos xacimentos arqueolóxicos. O 13,9% visitou un no último ano.

Casi todos, o 92,5%,fixéronno por ocio, frente a un 7,5% que declara que a súa visita foi motivada pola profesión ou estudos. Máis da metade das visitas foron realizaron en fin de semana ou festivo, 53,5%, frente ao 46,5% que o fixeron en día laboral.

Bibliotecas e arquivos

Unha de cada catro persoas, o 24,9% da poboación analizada, asiste a unha biblioteca oo accede a ela pola Internet. A asistencia presencial éstimase, en termos anuais, no 20,5% frente ao acceso ás mesmas a través da Internet que realiza o 9,6%.

El 39,8% das persoas que visitaron un arquivo no último ano declara que a súa visita foi motivada pola súa profesión ou estudos.

Lectura

Por lo que se refire á lectura de libros, o 58,7% da poboación analizada le un libro ao ano. A enquisa distingue entre aquela lectura motivada pola profesión ou estudos do individuo investigado de aquela realizada por outros motivos: lecer ou tempo libre.

Na edición deste ano investigouse por primeira vez o formato de libro utilizado polos lectores. Os datos obtidos sinalan que o 58,3% da poboación utiliza libros en soporte papel e o 6,5% libros en soporte dixital. O 4,1% dos lectores anuais declara ler directamente na Internet.

Resumo por actividades culturais:

Ver os resultados completos da enquisa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.