Mulleres silenciadas no hospital de Conxo


Voces esquecidas. As mulleres do Hospital Psiquiátrico de Conxo é o título da exposición que o Arquivo de Galicia inaugurou o pasado 8 de marzo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Enmárcase na serie de exposicións Mulleres sobranceiras que desde 2016 organiza o centro para visibilizar as pegadas deixadas por mulleres nos documentos que custodia, tanto polas que acadaron un recoñecemento social como por outras moitas anónimas que forman parte da nosa memoria como sociedade.

A crecente preocupación social pola saúde mental e a relevancia dun fondo documental como o do Hospital Psiquiátrico de Conxo que o Arquivo recibiu por transferencia do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) no ano 2012 determinaron a organización desta exposición para a que foron seleccionados 57 documentos. Neles reflíctese tanto o funcionamento do centro, creado como obra pía da Catedral de Santiago de Compostela no ano 1885, como fragmentos de vida de mulleres as veces ingresadas polo único feito de tentar romper as normas sociais que una sociedade patriarcal lles reservaba. As entrevistas realizadas ás enfermas por parte dos médicos, os diagnósticos e tratamentos ou as cartas escritas polas pacientes que nunca chegaron ao seu destino nos achegan a unhas mulleres que viviron una parte da súa vida illadas da sociedade e ás que o Arquivo de Galicia, a través desta exposición, quere dar voz.

Voces Esquecides, as mulleres do Hospital de Conxo, exposición no Arquivo de Galicia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.