23 de abril de 2021: comunicado polo Día do Libro


Día Internacional do Libro, 23 de abril de 2021: segundo ano de celebración do Día do Libro celebrado en pandemia

As Bibliotecas volven ao presencial un ano despois do inicio da pandemia mundial provocada pola Covid-19.

En 2020 esta efemeride tivo que celebrarse con moita imaxinación desde as Bibliotecas. As redes sociais, plataformas e ferramentas habilitadas polas bibliotecas, foron os lugares onde se realizaron estas propostas. Desde as Bibliotecas públicas non se detivo a actividade que, nun derroche de imaxinación, conseguiron manter os seus servizos de dinamización lectora a través das redes sociais con moita presenza do libro e a lectura, pero tamén con recursos para continuar aprendendo, lendo, viaxando, escoitando música ou visionando películas e documentais coas recomendacións das bibliotecas e cos servizos habilitados desde moitas institucións.

A Rede de Bibliotecas de Galicia permitiu que calquera persoa se puidese rexistrar desde o seu domicilio e acceder así aos servizo de lectura e de visualización de pelíciulas a través de Galicia Le. Programáronse charlas, proxeccións, encontros con autores… e todo isto para continuar levando o libro e a lectura a todos os domicilios nunha situación que non tiña sido prevista por ninguén e polo tanto houbo que ofrecer servizos de maneira descentralizada e imaxinativa.

En 2021, estando a situación de pandemia máis relaxada, as bibliotecas volven ofrecer servizos presenciais aínda que con limitacións de participantes. De novo dámos un paso adiante e ofrecemos actividades dirixidas a todos os públicos con moita inventiva e retomando o encontro cos usuarios e usuarias das bibliotecas porque a cultura, a promoción do libro e a lectura e o acceso ao ocio e á formación non se detén.

As bibliotecas temos demostrado que somos un servizo esencial, necesario para manter unha cidadanía educada e formada que contribúa a crear unha sociedade máis sá. É por isso que, aínda que a situación non é fácil para ninguén, desde as bibliotecas apostamos por manter as actividades e seguir contando cos profesionais do mundo do libro e da lectura. Retomamos presentacións de libros e polo tanto os encontros con autores e autoras e outros creadores. Realizamos obradoiros, Programamos contacontos e traballamos coas editorias e as librarías, procurando, dentro das nosas posibilidades, axudar ao desenvolvemento do sector do libro e a lectura.

Bamad, como asociación que engloba entre outros servizos o persoal das Bibliotecas, queremos agradecer a todos e todas as profesionais que desenvolven o seu traballo nas bibliotecas e que co seu esforzo manteñen servizos de calidade para toda a cidadanía a pesar das limitacións provocadas pola situación actual.

Algunhas actividades que se van realizar nas bibliotecas públicas

Na Coruña a 22 de abril de 2021

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.