III Congreso Internacional de Mediación Lectora, virtual, abril maio de 2021


III Congreso Internacional de Mediación Lectora: Emerxencia Literaria: ler en tempos de pandemia

Por terceiro ano, e despois de ter que suspender a edición de 2020, realízase dentro do XXII Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra: Emerxencia Literaria, que se celebrará, de maneira presencial, entre o 23 de abril e o 9 de maio. O lema escollido este ano é a Emerxencia Literaria: Os libros salvan o Planeta, colaborando virtualmente coa Rede de Escolas Asociadas da UNESCO de todo o mundo, buscando crear sinerxias arredor dun tema común, a necesidade de salvar o noso planeta.

Dentro do Salón realízase o III Congreso Internacional de Mediación Lectora que, seguindo a temática do congreso, escolleu como lema a Emerxencia Literaria: ler en tempos de pandemia,

Os xoves 22 e 29 de abril e 6 de maio contará coa presenza de recoñecidas persoas da dinamización e promoción da lectura que teremos o pracer de seguir desde as charlas virtuais.

Temos que agradecer ao Salón que de novo ofreza a oportunidade de reserva de prazas para as persoas de Bamad e a posibilidade de conseguir a certificación de participación emitida pola Universidade de Vigo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.