Abril, mes do libro 2020.


Día do Libro infantil 2020

En Abril celebramos dúas datas importantes para as bibliotecas o Día do Libro infantil e Xuvenil, o 2 de Abril, e o Día do Libro, 23 de Abril.

Como todos sabedes, todos os plans das bibliotecas de Galicia para festexar estas dúas datas víronse truncados polos acontecementos actuais. Moitas bibliotecas ofrecen contacontos virtuais, enlaces a recursos electrónicos, etc. Este ano non puidemos recopilar moitas das actividades que están a levar a cabo nas bibliotecas galegas pero sí temos algunhas. Deixamos aberto o blogue para incorporar máis eventos e convidámosvos a que no lo fagades saber.

Aproveitamos, tamén, para agradecer a tod@s bibliotecari@s que mediante teletraballo fan chegar aos nenos (e non tan nenos) recursos para entreterse, coñecer novos mundos e persoaxes a través da lectura, formase e informarse. Grazas!

O Día do Libro Infantil e Xuvenil é fomentado polo IBBY (International Board on Books for Young People) e levado aos distintos territorios polas organización do libro infantil e xuvenil. No caso Galego a actividade é fomentada por Gálix e cada ano o IBBY encárgalle o manifesto e a ilustración a unha das organizacións nacionais que forman parte da organización. Este ano a mensaxe é “Fame de palabras” e a a ilustración foron realizados pola organización eslovena: texto de Peter Svetina e ilustración de Damijan Stepancic. A traducción ao galego fíxoa Hector Cajaraville.

Gálix, a asociación galega do libro infantil e xuvenil, convocou o concurso “Un poema na túa voz” no que convida a participar a todas as rapazas e rapaces de entre 6 e 14 anos gravando un poema en galego e mandando a gravación á galix@galix.org

Actividades nas Bibliotecas Galegas para celebrar os días do libro do mes de abril (en construción):

A Coruña: Bibliotecas Muncipais

  •    Presentan no seu blogue Fancomic algunhas das máis recentes incorporacións para os máis pequenos.

Pontevedra. Biblioteca Pública Antonio Odriozola

  • Propoñen aos máis pequenos da casa que debuxen un personaxe do seu conto favorito e o envíen ao email: biblio.publica.pontevedra@xunta.gal

Redondela: Bibliotecas Municipais

  • Emitirase a mensaxe oficial do día dirixida a tódolos nenos do mundo escrita polo esloveno Peter Svetina.
  • Darase a coñecer os nomes dos mellores lectores infantís do ano 2019.
  •  Continuación da sección #quedanacasaele que se desenvolve dentro do programa matinal “A estación de Radio” no que o persoal das bibliotecas recomenda lecturas.

Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

  • Este ano reconvertíuse en salón virtual. O día 2 pola tarde subirá un obradoiro de banda deseñada con “Fiz, o neno máis porco do mundo”

Santiago de Compostela: Biblioteca Pública Ánxel Casal

  • Sorpresa para os máis pequenos da man de Paco Nogueiras.

Vigo. Biblioteca Pública Juan Compañel

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.