Abril, mes do Libro
En Abril celebramos dúas datas importantes para as bibliotecas o Día do Libro infantil e Xuvenil, o 2 de Abril, e o Día do Libro, 23 de Abril.
O Día do Libro Infantil e Xuvenil é fomentado polo IBBY (International Board on Books for Young People) e levado aos distintos territorios polas organización do libro infantil e xuvenil. No caso Galego a actividade é fomentada por Gálix e cada ano o IBBY encárgalle o manifesto e a ilustración a unha das organizacións nacionais que forman parte da organización. Este ano o Manifesto “Os libros fannos acougar” e a a ilustración foron realizados pola organización lituana: texto e ilustración de Kestutis Kasparavicius.
Gálix, a asociación galega do libro infantil e xuvenil, prepararou a actividade Selfie LIX s ás que se suman bibliotecas, librarías, asociacións e centros escolares.
Actividades nas Bibliotecas Galegas para celebrar os días do libro do mes de abril (en contrución):
Ames: Bibliotecas Municipais:
- 22 de Abril: Contacontos nas parroquias: Maruxa, Aguapesada, 18h., maiores de 3 anos
- 22 de Abril: Contacontos o Lobo con botas con Biosbardos, Biblioteca de Bertamiráns, 17.30h., maiores de 3 anos
- 22 de Abril: presentación do libro A fada pirata con Carlos Labraña, Biblioteca do Milladoiro, 17.30h., maiores de 3 anos
- 23 de Abril: Contacontos nas parroquias: Maruxa, Bugallido, 18h., maiores de 3 anos
- 23 de Abril: Obradoiro creativo na biblioteca do Milladoiro, 17h., maiores de 6 anos
- 24 de Abril: contacontos: 1, 2, 3… empeza o contiño, Biblioteca de Bertamiráns, 17.30h., maiores de 3 anos
- 25 de Abril: contacontos: 1, 2, 3… empeza o contiño, Biblioteca do Milladoiro, 17.30h., maiores de 3 anos
- 26 de Abril: Obradoiro creativo na biblioteca de Bertamiráns, 17h., maiores de 6 anos
- Sábado 27 de Abril: Literatura na praza do Concello de Bertamiráns, de 17 a 21h.
- Actividades permanentes:
- Exposición e venda de libros e xogos
- Recuncho da lectura
- Obradoiro de flores de papel
- 17.30h:
- Presentación do libro do XV Certame Literario Concello de Ames
- Contacontos teatralizado a cargo de Teatro Calavewra: O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa
- 18.30h: Mesa redonda: Literatura actual e autores locais con María Sández, Inma López Silva e Carlos Negro
- 19h: actuación de Paco Nogueiras con Brinca Vai! De aquí a acolá!
- Actividades permanentes:
A Coruña: Biblioteca Pública Miguel González Garcés
- 16 de marzo a 15 de abril: Exposición fotográfica PACÍFICO. Unha viaxe aos confíns do home, de Daniel Landa
- Agasallos para as persoas que leven préstamos entre o 2 e o 23 de abril
- 2 ao 30 de Abril: Mostra Bibliográfica “En abril, Libros Mil”
- 2 ao 30 de Abril: Mostra Bibliográfica AbrilLIBRO na sala infantil
- 6 de Abril: Cans e letras, programa de lectura con cans adestrados, ás 12 e 13h., para maiores de 5 anos
- 11 e 12 de Abril: Concerto de Violín e Violonchelo. Método Suzuki. A Coruña, ás 18h.
- 13 de Abril: maxia Ilusiona-te con David Méndez, 12h., para maiores de 3 anos.
- Do 16 ao 30 de Abril: Exposición “350 anos da ofrenda do antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado”
- 20 de Abril: Cans e letras, programa de lectura con cans adestrados, ás 12 e 13h., para maiores de 5 anos
- 23 de Abril: visitas extraordinarias á biblioteca ás 12 e 17h.
- 26 de Abril: Encontro O OASIS DAS PALABRAS: Encontro entre dúas poetas, ás 18,30h.
- 27 de Abril: contacontos Lonxedetodo, un modelo de comunidade con TrinkeTrinke, ás 12h., maiores de 3 anos.
O Grove: Biblioteca Municipal:
- 6 de Abril: Escape room: A praia dos afogados, ás 11h., para maiores de 16 anos, na biblioteca do Grove
- 10 de Abril: Cores, contos e rock’n’roll con Pakolas, ás 11.30h., para público infantil, na biblioteca do Grove
- 12 de Abril: Contacontos con Migallas Teatro, ás 11.30h., para público infantil, na Axencia de lectura de San Vicente
- 13 de Abril: Festival de maxia: A maxia da lectura con Luigi Ludus, ás 18h. na Casa da cultura Lueiro Rey
- 14 de Abril: Festival de maxia: Got rock con Francis Zafrilla, ás 18h. na Casa da cultura Lueiro Rey
- 23 de Abril: Contacontos con TrinkeTrinke, ás 18h. na biblioteca do Grove
- 26 de Abril: Canta miña pedra, canta con Xoán Curiel e Charo Pita, de 6 a 12 anos, na Casa da cultura Lueiro Rey
- 27 de Abril: Contacontos con Raquel Queizás, ás 11.30h. na Axencia de Lectura de San Vicente
Oleiros: Rede de bibliotecas Municipais:
En Abril libros Mil
Día do libro infantil e xuvenil
- 2 a 9 de Abril contacontos e actividades de narración oral nos centros escolares:
- Animaliños con Ramiro Neira
- Saltón no camiño e outras historias de ratiños con Charo Pita
- Contiario con Pablísimo
- Oficina de obxectos perdidos con Ramiro Neira
- O Pucheiro da señora Emilia con Charo Pita
- 3 de Abril: contacontos O xornal de lonxedetodo con TrinkeTrinke, maiores de 4 anos, biblioteca de Santa Cruz
- 4 de Abril: contacontos Chimpo de ra con Raquel Queizás, 18.30h., de 1 a 3 anos, na biblioteca de Rialeda
- 5 de Abril: contacontos Dado o Duende con Eduvía, 18.30h. maiores de 4 anos, na biblioteca de Nós
- 8 de Abril: contacontos Debaixo das tellas hai unha anduriña con Paula Carballeira, 18.30h., maiores de 4 anos, biblioteca de Dorneda
- 9 de Abril: contacontos Lonxedetodo, un modelo de comunidade con TrinkeTrinke, 18.30h., maiores de 3 anos, na biblioteca de Oleiros
- 10 de Abril: contacontos O berce das verbas con Caxoto, 18.30h, de 1 a 3 anos, na biblioteca de Santa Cruz
- 11 de Abril: obradoiro Un día de clase en Howarts, 17.30h., a partir de 6 anos, na biblioteca de Rialeda
- 11 de Abril:contacontos Lonxedetodo, un modelo de comunidade con TrinkeTrinke, 18.30h., maiores de 3 anos, na biblioteca de Lorbé
- 12 de Abril: obradoiro de debuxos animados con Manel Cráneo, 17.30h., a partir de 6 anos, na biblioteca de Mera
Día internacional do libro
- 23 de Abril a 3 de maio: actividades dirixidas a centros escolares:
- O bo, se breve… achegamento á microficción con María Isabel Andrés Llamero, Biblioteca de Perillo
- Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán con Soledad Felloza, Biblioteca de Santa Cruz
- Oficina de obxectos perdidos con Rodrigo Neira, Biblioteca de Perillo
- Voar sen medo de Agustín Fernández Paz con Chus Álvarez, nas bibliotecas de Santa Cruz e Perillo
- Cervantes Vs Shakespeare con Caxoto, na Biblioteca de Santa Cruz
- Rato canguro con TrinkeTrinke, nas bibliotecas de Santa Cruz e Perillo
- Pártome e móndome: Os textos humorísticos con María Isabel Andrés LLamero, na biblioteca de Oleiros
- Continentes con Chus Álvarez, na biblioteca de Santa Cruz
- A Odisea con Charo Pita, na Biblioteca de Oleiros
- O corazón delator e outros contos de Edgar Allan Poe con Soledad Felloza, na biblioteca de Santa Cruz
- 23 de Abril: O corazón envolto en papel, con Paula Carballeira, 18,30h., máis de 3 anos, Biblioteca de Oleiros
- 24 de Abril: Que ven o lobo! con Charo Pita, 18,30h., maiores de 4 anos, Biblioteca de Santa Cruz
- 25 de Abril: O xornal de Lonxedetodo con TrinkeTrinke, 18,30h., maiores de 4 anos, Biblioteca de Rialeda
- 25 de Abril: Fórmula máxica para atopar tesouros, con Soledad Felloza, 18,30h. , maiores de 3 anos, Biblioteca de Lorbé
- 26 de Abril: Contos e contos e máis contos con Ramiro Neira, 18,30h., de 1 a 3 anos, Biblioteca de Mera
- 26 de Abril: Levántate Xan! con Caxoto, 18,30h., de a 3 anos, Biblioteca de Nós
- 29 de Abril: Quen dixo medo con Charo Pita, 18,30h., 1 a 3 anos, Biblioteca de Dorneda
- 2 de Maio: A durmir! con Ramiro Neira, 18,30h., de 1 a 3 anos, Biblioteca de Rialeda
Ortigueira: Biblioteca municipal Juan Fernández Latorre
- 2 de Abril: Obradoiro con Elmer, de 3 a 5 anos, 17.30h.
- 2 de Abril: agasallo de marcapáxinas durante toda a xornada
- 3 de Abril: obradoiros de iniciacióna scrapbook con Alúa Cid, 16.30h., público mozo e adulto
- 10 de Abril: obradoiros de iniciacióna scrapbook con Alúa Cid, 17.30h., maiores de 6 anos
- 15-17 Abril: obradoiro de tecnoloxía beebot+zowi+minecraft con Trainnova, 10h e 12h., maiores de 8 anos
- 16 de Abril: contacontos O xogo de nano con Raquel Queizás, 18h., de 1 a 4 anos.
- 23 de Abril: séntate a ler: libros de agasallo en zonas públicas do concello
- 23 de Abril: agasallo de bolsas para o préstamo
Redondela: Bibliotecas Municipais:
- 1 a 25 de Abril: Exposición “O Principiño ao redor do Mundo“, a colección de Carlos Casares
- 11 de Abril: Descubrindo a Jane Goodall: contacontos con Olga Cuervo, maiores de 3 anos
- 12 de Abril: Gala de peche do 50º aniversario das Bibliotecas municipais de Redondela
- 22 de Abril: Acto de nomeamento da Biblioteca de Chapela co nome da poeta Xela Arias
Sada: Biblioteca municipal Ramón Suárez Picallo
- 17 de abril: Visita guiada para ASPADISOL (As. Padres Discapacitados Psíquicos de Oleiros), 12h
- 22 de Abril: Visita escola infantil A Galiña Azul, 10,30h.
- 23 de Abril: 1º Maratón de contos durante todo o día
- 26 de Abril: As nosas historias con Olga Abad, obradoiro de sombras chinesas con historias da narración oral galegas, 18h., de 5 a 8 anos.
- 27 de Abril: Paxariños con TrinkeTRinke teatro, 11.30h., de 1 a 3 anos.
Santiago de Compostela: Biblioteca Pública Ánxel Casal:
- 1 a 30 de abril: Mostra bibliográfica de Andersen na sala infantil.
- 2 de Abril: Lectura do Manifesto do Día internacional do libro infantil e xuvenil, ás 18.30h. e espectáculo musical Radio BuleBule con Paco Nogueiras.
- 6 de Abril: “En abril….augas….non, contos mil!!!” con Soledad Felloza, ás 12h., para maiores de 3 anos.
Programa completo Día do Libro Infantil
- 8 a 30 de Abril: mostra bibliográfica: bibliofilias da tribo
- 15 a 30 de Abril: Mostra “Antonio Fraguas, memoria dun soño. Viaxe a unha Galicia orgullosa de si
mesma” - 20 de Abril: contacontos Tecendo soños con Lisístrata, 12h., maiores de 3 anos
- 23 de Abril: charla Como acabar dunha vez por todas coa literatura galega con Diego Ameixeiras, 19.30h.
- 23 de Abril: visita guiada, 12h.
- 24 de Abril: sorteo de lotes de libros entre as persoas que leven préstamos o día 23.
- 25 de Abril: Escape room de Harry Potter: espada de Azkaban con Antón Carro, 18.30h., de 6 a 12 anos.
- 27 de Abril: Cantos libros que contar! con Ana Carreira, 12h., maiores de 3 anos
- Convocatoria do IX concurso de carteis das Letras Gaegas, até o 13 de maio
Programa completo do Día do Libro
Sober: Biblioteca municipal
- 3 de Abril: presentación de O alén dos Barqueiros de Anxo Muíños, 19h. no Clube de Lectura Pintos de Castinande, 19h.
- 5 de Abril: Mostra bibliográfica de Andersen e En Sober hai moito conto, contos populares coa participación da veciñanza
- 10 de Abril: Sober ten moito conto! con Teresa Grau, 19.30h.
- 12 de Abril: Que lemos en Sober? mural realizado polos usuarios con fotografías das lecturas preferidas.
- 23 de Abril: Excursión ao Courel e visita á Fundación Uxío Novoneyra, 10h.
- 26 de Abril: VII Mercadillo de libros
- Venres de abril de 16 a 19h. as lecturas do mes
Vigo: Biblioteca municipal Neira Vilas
- Actividades durante o mes de Abril
- 2 de Abril: Scriptorium: a palabra convertida en arte, ás 18h., para maiores de 6 anos.
- 23 de Abril: Escape room na biblioteca: O Legado de Verne, ás 19.30h. 15 prazas para maiores de 14 anos.
Vigo: Biblioteca Pública Juan Compañel:
- Do 2 ao 30 de Abril: Exposición e mostra bibliográfica “Libros e cidade”
- 3 de Abril: presentación do libro “La magia de los viajes” de Gregorio Mallo Pérez, 19h.
- 23 de Abril: Visitas guiadas, ás 12 e 18h.
- 23 de Abril: Cantos libros que contar! con Ana Carreira, 18h.
Xermade: Biblioteca Municipal:
- 5 de Abril, ás 18h.
- Lectura do Manifesto polo Día internacional do libro infantil e xuvenil
- Contos na primavera con Celtia Figueiras Rama, maiores de 2 anos
- Entrega de Premios do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2018” e lectura dos poemas premiados
Categorías:Bibliotecas, Libros e Leitura