I Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia


As bibliotecas públicas do futuro: as bibliotecas en proceso de cambio, 26 de outubro, Santiago de Compostela

O 26 de outubro a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do Servizo de Bibliotecas, organiza a I Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia, que baixo o lema As bibliotecas públicas do futuro: as bibliotecas en proceso de cambio, celebrarase o venres 26 de outubro no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca e Arquivo de Galicia. O director técnico da Biblioteca Nacional de España (BNE), José Luis Bueren Gómez-Acebo, será o encargado de pronunciar a conferencia inaugural. O encontro contará coa participación de expertos de recoñecido prestixio no ámbito bibliotecario e coa presentación de experiencias innovadoras e boas prácticas para compartir cos profesionais asistentes.

A xornada está dirixida a profesionais das bibliotecas e o prazo de inscrición estará aberto do 17 ao 30 de setembro. O obxectivo da iniciativa é crear un espazo de encontro entre os profesionais que desenvolven o seu traballo diario nas bibliotecas públicas de Galicia.

Con este encontro, a Secretaría Xeral de Cultura favorece a reflexión sobre os retos de futuro que se presentan no ámbito bibliotecario, ao tempo que se dan a coñecer os principais recursos e proxectos que se están a desenvolver para afrontalos. Así mesmo, quérese potenciar a función social das bibliotecas públicas e poñer de manifesto a necesidade de adaptarse aos cambios de hábitos dos novos usuarios e usuarias.

A primeira edición da xornada vaise centrar nas bibiotecas como espazos abertos á comunidade, acolledores e sociais, que provén de servizos innovadores e facilitan tamén a inovación dixital. A xornada está enfocada á participación activa dos seus protagonistas, a través dos debates e obradoiros e tamén compartindo unha experiencia real de innovación e traballo coa comunidade, a da biblioteca de Muskiz, en Bizkaia, pioneira no uso das novas tecnoloxías e comprometida coa memoria histórica do seu pobo. O seu bibliotecario, Fernando Juárez Urquijo, será o encargado de debullar polo miudo as actividades.

A Secretaría Xeral de Cultura vai convocar, ademais, durante este mes de setembro a primeira edición do Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, que ten por obxectivo recoñecer o labor das bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais de Galicia que leven a cabo proxectos e boas prácticas innovadoras, de utilidade para as persoas usuarias, sostibles no tempo e achegados ao contexto local no que se insiren. O galardón estará dotado cun único premio de 3.000€ e un distintivo de bibliotecas innovadora, e será entregado na I Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia.

PROGRAMA

 

 

1 reply

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.