Abril, mes do Libro
En Abril celebramos dúas datas importantes para as bibliotecas o Día do Libro infantil e Xuvenil, o 2 de Abril, e o Día do Libro, 23 de Abril.
O Día do Libro Infantil e Xuvenil é fomentado polo IBBY (International Board on Books for Young People) e levado aos distintos territorios polas organización do libro infantil e xuvenil. No caso Galego a actividade é fomentada por Gálix e cada ano o IBBY encárgalle o manifesto e a ilustración a unha das organizacións nacionais que forman parte da organización. Este ano o Manifesto e a a ilustración foron realizados pola organización letona: texto de Inese Zandere e ilustración de Reinis Peterson.
Este ano ao coincidir a coa semana santa foi difícil para moitas bibliotecas poder organizar actividades relacionadas co libro infantil. Aínda así Gálix, a asociación galega do libro infantil e xuvenil, prepararou actividades ás que se sumaron varias bibliotecas, entre elas o Concurso En Comic Andersen para bibliotecas, librarías e Centros Escolares.
Actividades nas Bibliotecas Galegas para celebrar o 23 de abril, día do libro (en contrución):
Ames: Biblioteca Municipal
- 17 de abril: presentación da obra O Valo de Carlos Labraña, ás 18h.
- 18 e 19 de abril: Todos a cantar: contacontos nas bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns, ás 15h., maiores de 3 anos
- 20 e 21 de abril: obradoiro creativo: construíndo o noso libro ilustrado, nas bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns, dentro do programa Ler Conta Moito.
- 21 de abril: Literatura na praza, en Bertamiráns: amplo programa de actividades con: contacontos, teatro, obradoioros, librerías, recuncho de lectura…
A Coruña: Biblioteca da Deputación
- Durante os meses de marzo e abril: Exposición “Un Concello, unha muller, un libro”: homenaxe ás mulleres da provincia a través dunha pequena escolma, unha por concello. Ademáis, está dispoñible unha guía sobre a exposición
- Do 2 de abril ao 3 de maio: VII Concurso “Palabras de amor” #140enpositivo
- 23 de abril: Obradoiro do Día Mundial do Libro: Creación de libros infinitos, para todos os públicos de 18 a 20h.
- 23 de abril: Visita guiada aos fondos da Biblioteca: un percorrido polos fondos máis destacados e chamativos da Biblioteca. É necesario anotarse previamente:biblioteca.info@dacoruna.gal
- 23 de abril: Biblioteca móbil: a biblioteca dará a coñecer os seus fondos e servizos na rúa, ás 13h.
- 23 de abril: Os fondos dixitais da biblioteca: Coñece o funcionamento da nosa Biblioteca dixital, e cómo prestar, descargar e ler os libros electrónicos. É
- Do 23 ao 27 de abril: BookCrossing: solta de libros no interior da biblioteca
-
Os fondos dixitais da biblioteca: Coñece o funcionamento da nosa Biblioteca dixital, e cómo prestar, descargar e ler os libros electrónicos. É necesario anotarse previamente:biblioteca.info@dacoruna.gal
Consulta o programa completo de actividades
Oleiros: Rede de Bibliotecas Municipais
- Durante todo o mes actividades nas bibliotecas co alumnado dos centros escolares con contacontos e obradoiros
- Encontros con escritoras: encontros literarios con escritoras e as súas obras:
- Yolanda Castaño: espectáculo poético musical
- María Isabel Andrés Llamero: Fogóns poéticos, obradoiro de poesía
- XXVII Campaña de promoción da lectura: Pablísimo, Ramiro Neira,Soledad Felloza, Caxoto, Charo Pita, Trinke-Trinke, Ledicia Costas, Manel Cráneo,
- Obradoiros de ilustración: Obradoiros de banda deseñada
- Bebecontos: contacontos nas bibliotecas para bebés de 1 a 3 anos, ás 18.30h. previa inscrición
- Actividades para nenos e nenos a partir de 4 anos, ás 18.30h. previa inscrición
- Obradoiros para maiores de 6 anos, ás 17.30h. previa inscrición
- Obradoiros de inclusión social de 8 a 12 anos, ás 18.30h. previa inscrición
- Libros para sermos libres: agasallo de 400 libros na Biblioteca Central de Rialeda o día 24 ás 17,30h.
- Clubs de lectura e tertulias literarias
Consulta o programa completo de actividades
Redondela: Bibliotecas Municipais
- 5 de abril: Obradoiro creativo con papel reciclado na biblioteca de Chapela. Participamos coas bibliotecas na Arte Lixo, 17h. Para todos os públicos en colaboración coa Asociación Cultural e Social de Chapela.
- 23 de abril: Un conto con moito conto, contacontos inclusivo con ContAZ, 18.30h. na biblioteca de Chapela, para maiores de 4 anos.
- 25 de abril: Presentación do libro As receitas de Rosaura e obradoiro de ilustración, con Isabel Blanco e Luz Beloso, ás 19h., para maiores de 5 anos.
- 27 de abril: comezo do Club de Lectura Fácil, coa Asociación Andaina Redondela, na Biblioteca de Redondela.
Ribadavia: Biblioteca Municipal
- 23 de abril:
- Exposición e mostra bibliográfica “Elas contas” Proxecto de Igualdade de Xénero dende a infancia
- Contacontos teatralizado “Sabela e o paxaro máxico” de Tarabelos, 11h.
- Agasallo de libros aos usuarios que fagan préstamo ese dia
Santiago de Compostela: Biblioteca Pública Ánxel Casal
- 16 ao 23 de abril: liberación de libros na biblioteca.
- 21 de abril: Contacontos Imaxina que… con Ramiro Neira, ás 12h., para maiores de 3 anos
- 23 de abril: Un libro para cada lector ou lectora: recomendámoche un libro, recomendacións de libros feitos polo persoal da biblioteca
- 23 de abril: Visita guiada á biblioteca, ás 12h.
- 24 de abril: sorteo de lotes libros entre as persoas que leven libros en préstamo o día 23
- Convocatoria do VIII Concurso de carteis do Día das Letras galegas, consulta das bases a partir do 23 de abril na web e redes sociais da biblioteca
- 26 de abril: charla Dentro da literatura a cargo de Suso de Toro, ás 19.30h.
Consulta o programa completo de actividades
Santiago de Compostela: Fundación Eugenio Granell
- 20 de abril: Bookcrossing: a Fundación súmase a unha iniciativa de centros e museos doe todo o mundo de liberar libros de arte na rúa.
- 24 ao 26 de abril: Libro por libro: particulares e institucións poden intercambiar os seus libros cos repetidos da Biblioteca da Fundación.
O Saviñao: Biblioteca Municipal
- Desde o 22 de marzo: Mostra Bibliográfica “Hans Christian Andersen”
- 6 de abril: Visita-contacontos coa Escola Infantil Municipal ás 11h.
Vigo: Biblioteca Pública Juan Compañel
- Do 2 ao 30 de abril: Exposición e mostra bibliográfica “Liber: libros e liberdade ao longo da historia”. Exposición bibliográfica con paneis explicativos sobre a liberdade, a prohibición e a censura relativa aos libros ao longo da súa historia.
- Do 2 ao 30 de abril: Exposición e mostra bibliográfica “Libros sen palabras: exposición bibliográfica”. Sala Infantil.
- 23 de abril: Visitas guiadas ás 12:00 h. e ás 18:00 h.
- 24 de abril: “Carola, a carteira Centola”. Polo correo do vento, ás 18.30h.
Categorías:Bibliotecas, Libros e Leitura