Declaración polo Día Internacional dos Arquivos 2017
BAMAD e o día Internacional dos Arquivos:
Outro ano máis BAMAD únese á conmemoración do Día Internacional dos Arquivos #IAD17 , un día de celebración e de reivindicación:
-
Celebramos:
-
Que nos arquivos cabemos todos e todas: profesionais e cidadanía
-
Que traballamos para garantir dereitos e obrigas, para documentar o pasado, para conformar a identidade do noso país, e para participar no seu futuro
-
Que os arquivos son fundamentais nun mundo en constante cambio
-
-
Reivindicamos:
-
Que necesitamos máis arquiveiras e arquiveiros
-
Que é imprescindible crear máis arquivos e dotar de máis medios e infraestruturas adecuadas aos que existen.
-
Que as administracións deben cumprir as leis de arquivos
-
O día 9 de xuño seguiremos a traballar, a celebrar e a reivindicar. Feliz día!
Categorías:Arquivos, Noticias Bamad