Xornada “Xénero e Documentación IV. Arquivos públicos e perspectiva de xénero” – 8 de xuño – Consello da Cultura Galega
Difundimos polo seu interese as Xornadas organizadas polo Consello da Cultura Galega
Nesta xornada, organizada pola Comisión de Igualdade (CCG) e coordinada por Dolores Pereira Oliveira, contaremos coa participación de Beatriz Díaz Vázquez (Arquiveira e directora do Arquivo Municipal de Oleiros), Eva García Amador (Antropóloga e restauradora de documentos, presta servizos no Arquivo do Reino de Galicia), Olimpia López Rodríguez (Arquiveira, presta servizos no Arquivo Territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo), Luis Martínez García (Arquiveiro, coordinador xeral de Arquivos e director do Arquivo de Castela–A Mancha) e Francisca Marticorena Galleguillos (Encargada do Archivo Mujeres y Géneros, Archivo Nacional de Chile).
Categorías:Arquivos, Centros de Documentación, Formación outras entidades