O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas que se ven celebrando desde o ano 1997 nas bibliotecas españolas.
Esta actividade, promovida pola Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, ten como obxectivo concienciar a sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor do persoal bibliotecario.
Cada ano unha persoa autora e unha ilustradora, de recoñecido prestixio, son os encargadas da redacción do pregón e o deseño do cartaz que se difunde entre todas as bibliotecas do Estado. Este ano dúas son as autoras seleccionados Ledicia Costas e Elena Odriozola, Premios Nacionais de Literatura Infantil e Ilustración 2015, respectivamente.
O Día das Bibliotecas tamén se celebra nas bibliotecas galegas con numerosas actividades, algunhas das cales indicamos a continuación (en construción):
Utilizaremos #DíadaBiblioteca para difundir as actividades.
Betanzos: Biblioteca Municipal A. Castelao
- Agasallo de libros ás persoas que utilicen o servizo de préstamo o día 24 de outubro
Coruña: Biblioteca Provincial:
- Crea o teu libro de artista sobre Tintín, ás 18h. (21 de outubro)
- Contacontos do Samaín, na Bebeteca ás 12h. (22 de outubro)
- Obradoiro “xogando cos libros”: manualidades, xogos dramatizados, cancións…, ás 18h. (24 de outubro)
- Bookcrossing, ás 12.30 e 18,30h. (24 de outubro)
- Exposición “70 anos de rock”, (do 24 de outubro ao nadal)
- Biblioteca móbil, ás 13 e ás 18h. no exterior da biblioteca (24 de outubro)
Coruña: Biblioteca Pública Miguel González Garcés:
- Alla scoperta della Sicilia, obradoiro de italiano para adultos, sábados de outubro e decembro desde o 15 de outubro.
- Obradoiro de teatro e expresión corporal baseado na obra Noite de Reis de Shakespeare, para adultos, semanas do 17 e 24 de outubro.
- Coas mans na masa, obradoiro creativo para maiores de 6 anos.
Lugo: Biblioteca Pública de Lugo:
- Conferencia de Brais Arribas ás 19.30h. “Deixar de ser diferente: a potencia política da identidade feble”. Enmarcada no programa “filosofía nas bibliotecas“, organizado pola Fundación Euseino? (24 de outubro)
- Xornada de portas abertas de 12 a 19h., reglaos de libros e marcapáxinas (24 de outubro)
- Conto de outono, a nena do farol, as 18h. (24 de outubro)
- Exposición bibliográfica (do 24 ao 31 de outubro)
- Onde está o mago Antón?, ás 18h. (28 de outubro)
Oleiros: Centro de Documentación Ambiental do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)
- agasallos de libros relacionados coa natureza e a educación ambiental (do 24 ao 29 de outubro)
Oleiros: Bibliotecas Municipais
- Amplo programa de actividades na semana do 24 ao 28 de outubro
Ortigueira: Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre
- Agasallos ás primeiras 50 persoas que se acheguen á biblioteca (24 de outubro)
- Photocall “O que + me gusta da Biblioteca é…” (25 de outubro)
- Obradoiro “A ciencia é divertida” con Nita, de 3 a 8 anos (26 de outubro)
Ourense: Biblioteca Pública de Ourense:
- Semana do 24 de outubro, Visitas guiadas a grupos escolares
- A Fada das Historias, ás 12h. na sala infantil (22 de outubro)
- A Biblioteca na rúa de 11 a 20.30h. na rúa do Paseo (24 de outubro):
- Consultorio literario
- Visita da Fada ás 18.30h.
Pontevedra: Biblioteca Pública Antonio Odriozola:
- Centro de interese: Os ratos contan historias na biblioteca (do 17 ao 31 de outubro)
- Contacontos con Trinke Trinke para maiores de 3 anos, ás 18h. (21 outubro)
- Regalos de marcapáxinas e guías de lectura cos préstamos (24 de outubro)
- Entrega de premios gañadores do III Concurso de relato breve (24 de outubro)
- Xornada de portas abertas (24 de outubro)
A Pobra do Caramiñal: Biblioteca Municipal Victoriano García Martí
- Contos de lobos, ás 18,30h. (24 de outubro)
Redondela: Bibliotecas Municipais:
- Pastoreando Alegrías: contacontos con Carmen Domech de Títeres Cachirulo ás 18h. na Biblioteca Valle Inclán de Redondela (20 de outubro)
- Contos con Miró: contacontos-obradoiro con Tarabelos ás 18.30 na Biblioteca de Chapela (24 de outubro)
- Club infantil de lectura: primeira sesión ás 18.30h. na Biblioteca de Chapela (26 de outubro)
- Mostra bibliográfica Edward Gorey no Multiusos da Xunqueira en Redondela (do 17 de outubro ao 4 de decembro)
Ribadavia: Biblioteca Pública Municipal:
- Exposición bibliográfica (24 de outubro)
- O soñador de historias de Fanfarra Social Cultural, as 11h. espectáculo para nenos de Educación Infantil (24 de outubro)
- Visitas escolares (24 de outubro)
Santiago de Compostela: Biblioteca Ánxel Casal:
- Mostra bibliográfica “Historias de Biblioteca” (do 3 ao 31 outubro na Sala infantil)
- Campaña de liberación de libros. Do 17 ao 24 de outubro na biblioteca.
- Xornada de portas abertas: visitas guiadas extraordinarias ás 12.00 e ás 16.00h (24 outubro)
- Actividade para bebés “Contos de ida e volta” a cargo de Charo Pita (24 outubro Sala Infantil)
- Quen matou a bibliotecaria?” Actividade de formación de usuarios (24 outubro Sala Infantil)
- Regalo de lotes de libros a superlectores infantís e adultos (24 de outubro)
- Convocatoria do V Concurso de Fotografía “Lendo en Compostela” (24 outubro)
- Títeres Cachirulo: “O libro da selva” (26 de outubro no Salón de actos)
Santiago de Compostela: Biblioteca de Galicia:
- Teatro: Onde Viven os Monstros, ás 18h. (15 de outubro)
- Teatro e música: Chrystyan Magic na senda da serpe alada, ás 18h. (22 de outubro)
- Visita ás 12h. e agasallo de libros, necesario reserva previa (24 de outubro)
- Obradoiro centenario de Camilo José Cela, de 6 a 12 anos, ás 17.30h. (29 de outubro)
Sanxenxo: Rede de bibliotecas municipais
- Biblio Canta: achégate ao Cancioneiro tradicional galego con Chío Couto,. Biblioteca de Portonovo, ás 18h., até os 6 anos (24 de outubro)
- Cantamos un conto? Biblioteca de Sanxenxo, ás 18h. de 6 a 16 anos (24 de outubro)
O Saviñao: Biblioteca Pública Municipal:
Venres 21 de outubro: Noite na biblioteca de 10 a 24h.
- Apertura da cápsula do tempo para 2015, ás 10h.
- Visitas guiadas para grupos escolares de 10 a 14h.
- Microvisitas para público xeral de 14 a 16h.
- Obradoiro de debuxo ás 16h.
- Actividades xaponesas ás 17h.
- Merenda infantil ás 18h.
- A ciencia é divertida con Nita e obradoiro de Fibonacci de 18.30 a 20,30h.
- Xogo-concurso ás 20,30h.
- Cea infantil ás 21.30h.
- Titiricleta con Anxo Moure ás 22h.
- Obradoiro de selos con gomaeva ás 23.30h.
- Peche da cápsula do tempo até 2025, ás 24h.
Sober: Biblioteca Pública Municipal:
- Merendas con contos os venres ás 17.30h.
- Murciélagos en la biblioteca. Lectura do pregón do Día da Biblioteca. Decoración da biblioteca (14 de outubro)
- O Coelliño branco con Trinke Trinke, dentro do programa Ler Conta Moito (21 de outbro)
- Teatro de marionetas con Trécola (28 de outubro)
- Exposición de debuxos do certame Mulleres de Lemos organizado polo colectivo Lemos Le e dedicado a María Castaña (mes de outubro)
- Xantar de celebración do Día da Biblioteca e entrega de premios do III Certame Mulleres de Lemos, organizsdo por Lemos Le (22 de outubro)
Vigo: Biblioteca Pública Juan Compañel:
- Xornada de portas abertas: visitas guiadas ás 12.30 e 18h. (24 de outubro)
- Bibliotecas arredor do mundo: Mostra bibliográfica (24 de outubro ao 30 de novembro)
Vigo: Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas:
- Obradoiro de ilustración con Marc Taeger, ás 18h. para maiores de 5 anos (24 de outubro). (É necesario inscrición previa: https://bpvigoneiravilas.blogspot.com.es)
Xermade: Biblioteca Pública Municipal:
- Contacontos: “Conto contigo” de Manuel Solla para crianzas e familias, ás 18h. (24 de outubro).
Categorías:Bibliotecas