Obradoiro Como editar na Wikipedia: primeiros pasos desde institucións culturais: arquivos, bibliotecas e museos
Actividade gratuíta para persoas asociadas a BAMAD Galicia
Wikipedia é un proxecto de enciclopedia multilingüe e de contido libre baseado nun modelo editable abertamente.
Está escrita de maneira colaborativa por voluntarios anónimos que o realizan gratuitamente. Calquera persoa con acceso á internet pode escribir e facer cambios nos artigos da Wikipedia.
Desde a súa creación en 2001, a Wikipedia medrou rapidamente e converteuse na maior páxina web de referencia, atraendo millóns de visitantes creando novas entradas e actualizandose continuamente.
As institucións culturais e da memoria poden contribuír en grande maneira a mellorar os contidos en número e calidade ofrecendo información de interese e utilizando esta ferramenta como elemento de difusión de institucións e servizos.
- Impartido por: Tomás Saorín Pérez, Documentalista da Comunidad de Murcia, Profesor asociado da Fac. de Comunicación e Documentación da Univ. de Murcia.
- Modalidade: On Line
- Datas: 14-25 outubro
- Prazas: 25
- Horas: 10h.
- Obxectivo: ofrecer pautas básicas para profesionais da información para desenvolverse con eficacia nun entorno aberto de construción dunha fonte de información enciclopédica en liña. Funcións de difusión de información especializada e como aportar información de calidade aos artigos e recursos de Wikipedia.
- Prezo: gratuíto socios Bamad / Non socios 25€
- Programa
- Matrícula electrónica
Categorías:Arquivos, Bibliotecas, Formación Bamad, Museos