Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020


plan

No pasado mes de xullo fomos convidados a participar no Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020 que, segundo indica nos seus obxectivo, “será o documento que guíe a senda de recuperación económica, facendo da nosa comunidade un territorio máis atractivo para traballar, investir e convivir”.

O Plan está aberto á participación de persoas e entidades que poden enviar as súas propostas para os documentos de traballo que serán debatidos polo comité asesor e aprobados con posterioridade.

As nosas propostas refírense ao documento DAFO e cadro de necesidades e ao documento Eixes prioritarios que poden ser consultados nas respectivas ligazóns. As suxestións enviadas por BAMAD foron enviadas o pasado 30 de xullo e recepcionadas pola Xunta informándonos de que foron remitidas ao  equipo redactor do plan estratéxico para a súa consideración.

Indicamos a continuación as suxestións remitidas:

Documento: DAFO e cadro de necesidades

Eixe 4. Sociedade dixital, cultura e reforzo do peso de Galicia no seu entorno. Neste eixe botamos en falta sinalar as seguintes cuestións:

Debilidades

  • Centralización dos Arquivos dixitais da administración autonómica. Perda de distribución de competencias territoriais e funcionais. Os Arquivos Centrais, Intermedios e Histórico Provinciais perden o control arquivístico dos documentos dixitais coa actual organización. De feito no teñen competencias sobre estes documentos, o que supón:  unha  ruptura entre o tratamento dos documentos en papel  e os documentos dixitais; e un prexuízo tanto  para as administracións titulares dos documentos como  para  a cidadanía, ademais de non seguir á doutrina arquivística.
  • Conxestión dos Arquivos de Galicia, falta de infraestruturas suficientes para desenvolver as súas funcións.
  • Insuficiencia de recursos económicos para  desenvolver os servizos de Arquivos na administración autonómica
  • Inexistencia dun catálogo ou punto de acceso único dos fondos das bibliotecas galegas
  • Falta de un carné único de bibliotecas para dar servizos a todo a poboación
  • Pouco desenvolvemento lexislativo da Lei de Bibliotecas: mapa de bibliotecas e estándares das bibliotecas públicas
  • Non existen ferramentas de avaliación dos servizos bibliotecarios e arquivísticos que analicen o seu uso e os servizos para determinar o seu peso social e cultural
  • Necesidade de contar con programas de renovación das instalacións de bibliotecas e arquivos que respondan aos estándares nacionais e internacionais

Fortalezas

  • Formación e disposición das arquiveiras/os da administración autonómica
  • Grande extensión territorial e proximidade á cidadanía dos servizos bibliotecarios

Ameazas

  • Dispersión lexislativa en materia de acceso aos documentos e a información, o que supón obstáculos á transparencia
  • Ausencia de plans de formación dirixidos ao persoal de bibliotecas e arquivos da administración local, que favorezan o seu perfeccionamento profesional

Oportunidades

  • O bo funcionamento do sistema de Arquivos de Galicia, suporá unha maior eficacia e eficiencia das administración e a  posibilidade real de acadar unha maior transparencia
  • As bibliotecas ofrecen servizos de acceso TIC próximos á cidadanía
  • Oferta nas bibliotecas de documentos en formato electrónico e acceso ao libro electrónico. É necesario ofertar tamén acceso a outros materiais electrónicos e integrar os contidos electrónicos co catálogo da biblioteca.

 

Documento: Eixes prioritarios

 

Eixe 4. Sociedade Dixital, Cultura e Reforzo do Peso de Galicia no seu Entorno
Prioridade de actuación. 4.3 Conservación da riqueza cultural de Galicia

Principais liñas de actuación:

Botamos en falta o desenvolvemento da Lei de Bibliotecas organizando os tipos e servizos bibliotecarios permitindo poder ofertar servizos ás localidades máis pequenas ou con servizos bibliotecarios menos desenvolvidos.

Isto enlazaría tamén co obxectivo estratéxico OE 4.4.02 que procura compartir servizos entre administracións e achegar os servizos á cidadanía.

 

Eixe instrumental. Administración moderna, eficiente e de calidade
Prioridade de actuación. 5.2. Administración financeira,  transparente, eficiente e orientada a resultados

Principais liñas de actuación:

Botamos en falta una liña de actuación vinculada aos arquivos, institucións nas que remata a tramitación administrativa e que son  fundamentais para garantir a transparencia e o acceso á información.

É necesaria a implantación dun sistema de arquivos  dixitais adaptado a organización territorial do noso país e abandonar modelos centralizadores que afastan aos cidadáns dos documentos, da información  e da investigación, dilapidan os recurso humanos dispoñibles actualmente,  e non melloran nin a eficacia nin a eficiencia na xestión das administracións públicas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.