- Proxectos de Decretos que regulan o Consello de Arquivos e o Consello de Avaliación Documental de Galicia
- Anteproxecto de Lei de Patrimonio Cultural
No caso dos proxectos de decretos de Arquivos as alegacións presentadas pola Asociación refírense á necesidade de esixir aos vogais representantes dos distinto sistemas de arquivos que sexan arquiveiras o arquiveiros.
No caso do Anteproxecto de Lei de Patrimonio refírense ao artigo 109 no que se regula o patrimonio documental, en concreto nos apartados 2b e 2c. A redacción do anteproxecto considera que forman parte do patrimonio documental os documentos anteriores a 1965 xerados, conservados ou reunidos, no exercicio das súas actividades, polas entidades e asociacións de carácter político, sindical ou relixioso, e polas entidades, fundacións e asociacións culturais e educativas de carácter privado; e os documentos anteriores a 1901 xerados, conservados ou reunidos por entidades particulares e persoas físicas. Para protexer os posteriores habería que acudir á protección recollida no apartado 3, o que suporía unha declaración expresa de protección, e ademais segundo vaia transcorrendo o tempo, para protexer estes documentos esixirase máis antigüidade.
A nosa Asociación propón que se opte por establecer un prazo de anos a partir do cal estes documentos pasan a formar parte do patrimonio documental, como tamén se fai na vixente Lei 8/1995 (artigo 77.1c), onde se establece os 40 ou os 100 anos, de antigüidade, segundo os casos; como determinante de esta condición, e non datas fixas.
Categorías:Actividades Bamad, Arquivos, Cultura e Patrimonio