Con data do 30 de xaneiro a FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) enviou circular aos concellos sobre a petición de CEDRO, como entidade representante das entidades de xestión de dereitos de autor.
A circular: Asunto: Pagos de los Ayuntamientos a CEDRO por préstamos de obras en bibliotecas públicas, indica:
- Que os servizos xurídicos desta entidade manifestan que a demanda do cobro para obras adquiridas con anterioridade ao 19 de decembro de 2010 están prescritas.
- Que a demanda de pago das obras adquiridas con data posterior ao 19 de decembro de 2010 e para os anos 2011 a 2013 non poderán ser atendidas xa que se incumprirían as disposicións da Ley 47/2003 General Presupuestaria.
A FEMP comprométese a remitir en breve unha proposta para a adopción de criterios comúns para o cálculo das variables que determinan esta remuneración conforme ao establecido no Real Decreto 624/2014.
Categorías:Bibliotecas, Noticias Bamad