ANABAD GALICIA, representada pola súa vicepresidenta Isabel Buján Bernárdez, participou o pasado día 21 de marzo, na entrega da IX edición dos Premios Ánxel Casal, organizada pola Asociación Galega de Editores (AGE), que se celebrou en Betanzos, nun acto onde se deron cita diferentes membros representativos de todos os sectores importantes no mundo da lectura.
O presidente da AGE, Manuel Bragado, sinalou que os premios debían amosar a excelencia do sector e favorecer a súa visibilidade. Explicou tamén a necesidade de que os editores participen na hibridación do impreso e do dixital pois a tendencia apunta á súa coexistencia.
Pódense consultar os premios e as persoas galardoadas en www.editoresgalegos.org
Categorías:Noticias Bamad