45 Bibliotecas “desaparecidas” en Galicia


ine

A Anabad Galicia non lle consta o peche de Bibliotecas en Galicia. Só nos consta como pechada a desaparecida Biblioteca de Caja Madrid en Santiago de Compostela, en 2012, e a ameaza de pecha da Biblioteca de Agolada, que afortunadamente non se chegou a producir.

A prensa do día 8 de xaneiro publica datos escandalosos sobre unha desaparición de 45 bibliotecas desde o ano 2008.

O problema das estatísticas

Nos últimos datos estatísticos publicados polo INE, correspondentes ao ano 2012, figura que en Galicia baixou en 17 o número de bibliotecas públicas con respecto ao ano 2011.

De ser certo este dato, e o publicado pola prensa, tería sido un escándalo e non pasaría desapercibido e sen pena nen gloria polas noticias de cultura, de sociedade e de política.

As enquisas do INE son anuais e obrigatorias para todas as institucións. Sen embargo acontecen varias cousas:

  • Non todas as bibliotecas envían estes datos e/ou non se tiña actualizado o censo das bibliotecas, e
  • En moitos concellos, nos que figura “oficialmente” unha biblioteca, estas non existen ou son un “almacén de libros” sen servizos bibliotecarios.

Imaxinamos que son estes casos os que se indican como “descenso de bibliotecas”. Non por ser estes os fríos datos, deixa de ser menos importante que figure esa redución no número de bibliotecas. Quere dicir, que estes “almacéns” que antes figuraban como bibliotecas, agora simplemente non aparecen o que significa que nen antes nen agora prestan servizos bibliotecarios.

Non debemos esquecer que tamén se realiza unha enquisa anual, do Ministerio de Cultura, recollidas a través das Comunidades Autónomas, nas que se recolle información sobre as bibliotecas e que ofece outros datos diferentes ás do INE, as útimas publicadas correspóndense co ano 2011.

Lei de Bibliotecas de Galicia

A Lei de Bibliotecas (2012) recolle a necesidade de elaborar un Mapa de Bibliotecas que é a que determinará que bibliotecas existen, e en que condicións. Este Mapa deberá ser aprobado polo Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia, cuxa creación foi aprobada por decreto e publicada no DOG do día 7 de xaneiro.

Nun prazo de dous meses ten que ser constituído este Consello que terá como un dos seus cometidos a aprobación do Mapa de Bibliotecas de Galicia.

Unha vez aprobado o Mapa será importante tamén a elaboración e aprobación dos Estándares das bibliotecas públicas de Galicia que serán os indicadores que determinarán que tipo de bibliotecas, que características de equipamentos e que servizos terán que prestar as bibliotecas públicas galegas.

Unha vez que teñamos estas ferramentas poderemos contar con instrumentos adecuados para contabilizar as bibliotecas públicas e os servizos que prestan sen esa confusión á que nos levan os datos estatísticos.

2 replies

  1. Tristeza sentimos os que traballamos nas Bibliotecas Públicas, e estamos na corda floxa…, vendo o pouco interés por parte das autoridades e institucións para reforzar actividades e ofrecer aos usuarios uns espazos cheos de luz e entusiasmo, e os nosos ánimos van en picado… e iso non axuda moito sen ese apoio…
    Grazas ó voso entusiasmo ainda nos imos mantendo en pé pero seguimos na oscuridade …

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.