Estes días a prensa xenérica recolle noticias sobre a evolución dos datos referentes ás estatísticas das BPE no ano 2012: Panorámica de las 52 Bibliotecas Públicas del Estado. Nestes artigos indícanse os aspectos sinalados no resumo evolutivo, con datos dos principais indicadores para o conxunto das BPE que sinalamos a continuación:
- coleccións: aumento continuado desde ano 2008 pero cunha lixeira caída no total das coleccións no ano 2012.
- fondo de libros: crecemento continuado desde o 2008 e mantemento no 2012 con respecto ao ano anterior.
- fondo de p. periódicas: crecemento contstante desde o ano 2008 e caida no 2012 con respecto ao ano anterior.
- fondo audiovisuais: aumento constante desde o 2008 cunha baixada no ano 2011 que se superou no 2012.
- fondo de doc. electrónicos: aumento constante desde o 2008
- evolución do préstamo librario: caída dos préstamos desde o ano 2009 cun lixeiro repunte no 2011. Préstamos sempre por encima dos 5 millóns
- evolución do préstamo non librario: caída constante desde o 2009. Baixada de máis de 1 millóns de préstamos.
- actividades culturais: aumento importante no número de actividades nos anos 2011 e 2012
- gasto en adquisicións bibliográficas: caída moi importante nos investimentos. De máis de 7 millóns no 2008 a apenas 2,7 millóns no 2012
- persoal: caída constante desde o ano 2008. Esta caída é maior no persoal non técnico que no técnico que se mantén en caída máis moderada.
No que respecta aos indicadores principais, nas 5 bibliotecas publicas do estado en Galicia, podemos sinalar:
Visitantes/Uusarios:
Incremento constante de visitantes e de usuarios desde o 2008, sendo o maior, en canto ao número de visitantes, o incremento de Santiago que duplica as cifras de 2008. No caso de usuarios activos é curioso o caso de Ourense onde cremos que pode haber algún erro nas cifras, moi diferentes á tendencia reflexada nas outras bibliotecas.
Visitantes
Usuarios adultos e infantís
Usuarios activos
Coleccións:
Incrementouse a colección constantemente desde o ano 2008. O dato negativo encontrámolo en Ourense onde descendeu desde o ano 2008 cun repunte no 2012, no que aínda non alcanzou os datos daquel ano.
Préstamos:
A Coruña mostra baixada constante no número de préstamos con repunte no 2012 que aínda non chegou aos datos de 2008. As outras biliotecas aumentan os seus préstamos. Destacan Lugo cun grande incremento no 2012 e Santiago, onde os préstamos de 2012 duplicaron os de 2008.
Gastos en adquisicións:
Baixada constante desde o 2009 de entre a metade e un cuarto do orzamento destinado a adquisicións nese ano. Destaca a baixada importante do gasto en Santiago onde se fixo un desenvolvemento inicial moi grande no ano 2008 ao se tratar dunha biblioteca de nova creación.
Persoal:
O persoal descende no seu número desde o ano 2008. En todas as bibliotecas descendeu 1 persoa no cadro técnico. Mentras que a baixada máis importante foi no cadro de persoal non técnico. Pasouse de un total de 163 persoas no 2008 a 145 no 2012.
Pódese acceder á folla de cálculo cos datos que preparamos sobre estas bibliotecas onde se recollen as partidas e os gráficos comparativos. Para os datos completos ir directamente á web das estatísticas.
Categorías:Bibliotecas públicas