O 18 de Maio celébrase esta desde que en 1977 o ICOM (Consello Internacional dos Museos) acordou dedicar aos Museos. Este ano o lema será: Museos (memoria + creatividade) = progreso social.
Algunhas actividades nos Museos galegos (en construción):
Pódense seguir as actividades a través do twitter co hashtag #DIM13
O Museo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, en Padrón, celebra o ‘Letreseo‘
Seis centros de referencia en Santiago celebran o Día Internacional dos Museos cunha ampla programación que se pode seguir a través da páxina do Facebook DIM13-Compostela
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense ten unha ampla programación. Ademais realizaron dous vídeos promocionais para a difusión desta data:
Museo Massó: actividades de clebración do Día dos Museos durante o mes de Maio
Museo de Arte Contemporánea (MAC Coruña), programa do sábado 11 de maio:
-
12h. Actividade en familia: Cantacontos con Mato Armada e Raquel Galavís
-
17,30h. Actividade en familia: Tetris analóxico Codeco con Belén Montero e Juan Lesta
-
20h. Para todos os públicos: Sesións de DJ e VideoDJ
Museo de Belas Artes da Coruña: Actividades do Día Internacional dos Museos e Noite dos Museos: O Museo da Memoria para nenos e nenas; Os retratos portadores da Memoria; Museo musical e Jazz no Museo…
Museo de Pontevedra: varias actividades para nenos e adultos: Paseo pola arte galega desde o s. XIV a Castelao; Obradoiro infantil de expresión artística; O segredo dos Dinís e o Xogo do seis…
Accede ao portal dos Museos de Galicia para ver a programación de cada un deles.
Os Museos estatais realizan xornadas de portas abertas, amplían os horarios de apertura e realizarán unha ampla programación cultural.
Categorías:Cultura e Patrimonio, Museos