Comunicado: BAMAD Galicia contra a violencia machista


BAMAD Galicia, despois de coñecer a existencia dunha páxina web que reproducía partes do corpo de bibliotecarias e documentalistas sen o seu consentimento e con un claro contido sexual, quere manifestar:

  • O seu rexeitamento rotundo e contundente a este tipo de feitos que son un claro exemplo de exercicio de violencia machista, neste caso vinculado aos nosos ámbitos profesionais.
  • O apoio ás compañeiras profesionais que fosen vítimas do comportamento de Tomàs Baiget, que recoñeceu publicamente na plataforma X ser o autor de dita web.
  • O agradecemento a Elena Pastor-Ramón por facer pública e denunciar a existencia desta páxina e pola súa valentía, e a todas as e os profesionais que apoiaron esta denuncia.

Dende BAMAD Galicia seguiremos a traballar por acadar unha igualdade real nos nosos ámbitos profesionais, por conseguir uns arquivos, bibliotecas, museos e centros de documentación feministas.

Categorías:Noticias Bamad

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.