Espazos Sonoros


Espazos Sonoros conta de novo co Museo Arqueolóxico para achegar unha nova proposta musical e promocionar o noso patrimonio.

Deste xeito A Compañía Autónoma Dromosofista presenta: O cubo libre. Teatro musical, mimo e teatro de obxectos.
Catro personaxes arredor dun cubo negro transfórmanse nunha espiral de imaxes surrealistas e poéticas, acompañadas de música ao vivo.

No Museo Arqueolóxico de Ourense (Praza Maior) o martes 23 de agosto as 20 h. Entrada libre.

Máis información sobre A Compañía Autónoma Dromosofista en: http://www.myspace.com/elcubolibre

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.