Eu Amo as Bibliotecas (2012)

ANABAD-Galicia súmase á campaña contra os recortes nas bibliotecas públicas e de apoio a estes servizos: As Bibliotecas non son un gasto, son un investimento.

Baixo o lema Eu amo as bibliotecas públicas, a campaña foi iniciada pola Plataforma contra o préstamo de pago nas bibliotecas, que organizou unha maré amarela coincidindo co día 4 de febreiro, data na que se celebra o Día das Bibliotecas no Reino Unido, e que este ano foi celebrado con actividades e mobilizacións en defensa das bibliotecas públicas.

A esta campaña sumáronse numerosas organizacións do estado, entre as que nos incluímos. As actividades son numerosas e procúrase continualas até o 23 de Abril, día internacional do libro. Ao redor desta data preténdese realizar unha actividade consistente en que os usuarios e as usuarias escriban cartas de amor á biblioteca.

Podes seguir tamén a campaña desde a páxina Yo amo las bibliotecas públicas de Facebook.

Esta campaña leva asociada diferentes materiais que se poden descargar desde aquí:

Imaxe da Campaña:

Colócaa como imaxe de perfil nas túas redes sociais, no teu blog, web… (preme na imaxe para descargala)

12 razóns para amar as bibliotecas públicas:

Adaptadas das publicadas pola ALA. (preme na imaxe para descargala)


Participantes na Campaña:


6 replies

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.