
No pasado mes de abril subscribiuse o convenio de cooperación coa Asociación de Archiveros de Castilla y León (ACAL), como resposta á vontade conxunta de reforzar a cooperación profesional e a posta en valor dos profesionais de ámbalas dúas entidades.
O obxectivo do convenio é a cooperación mutua entre as dúas asociacións coa fin de potenciar a formación profesional de calidade entre os seus asociados, así como a asistencia a xornadas e congresos que ditas entidades poidan organizar de xeito individual ou conxunto. En consecuencia, nos programas de formación, nas xornadas e nos congresos organizados por cada entidade, as persoas asociadas a ACAL e BAMAD GALICIA gozarán de idénticas condicións económicas que os socios da entidade organizadora.
A duración do convenio é de catro anos prorrogables.
ACAL, constituída en 1991, é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa tanto a profesionais como a futuros profesionais dos arquivos e da xestión dos documentos de Castilla y León, así como doutros ámbitos territoriais. Entre as súas fins están a defensa dos intereses dos profesionais dos arquivos e a xestión documental en xeral, e dos seus socios en particular, o impulso da figura e o espazo que lles corresponde no ámbito social e laboral e, por último, a promoción do desenvolvemento profesional dos seus membros mediante a potenciación dunha formación regulada e o apoio á investigación e o desenvolvemento.
Tedes máis información na súa web https://acal.es/index.php
Categorías:Arquivos, Noticias Bamad