
ByD Canarias, ALDEE e BAMAD Galicia organizan conxuntamente este obradoiro que se centra en comprender e navegar polo Fediverso, un ecosistema de plataformas sociais federadas que operan baixo principios de software libre e protocolos abertos.
Organizan: ALDEE, BAMAD Galicia e ByD Canarias
Imparte: Marta G. Franco.
Modalidade: En liña (Zoom)
Datas: 25 e 27 de febreiro de 2025, de 18:30 a 20:30 h (hora peninsular)
Duración: 4 horas lectivas
Prezo:
- Gratuíto para persoas socias/colexiadas de entidades FESABID que subscribisen o 2º Convenio de formación (será necesaria acreditar documentalmente esta condición). Terán matrícula preferente as persoas integrantes de ALDEE, BAMAD Galicia e ByD Canarias.
- 20 euros para personas externas (se houbese prazas disponibles).
Número de prazas: 50
Metodoloxía: Obradoiro práctico e grupos de traballo a través da plataforma Zoom
INTRODUCIÓN
Cada vez somos máis conscientes de que basear a nosa comunicación dixital en grandes plataformas que son propiedade duns poucos magnates é bastante problemático. A boa nova é que xa existe un sistema que permite a creación de redes sociais descentralizadas e de xestión pública ou comunal: o fediverso, cuxo exemplo máis coñecido é Mastodon.
Neste obradoiro aprenderemos en que consiste o fediverso e como podemos habilitalo. Compartiremos algunhas ferramentas para sacarlle o máximo partido e debatiremos como promover unha migración das nosas comunidades dixitais cara contornas máis seguras e democráticas.
PROGRAMA
BLOQUE 1. INTRODUCIÓN AO FEDIVERSO
- Definición e orixe
- Principios fundamentais
- Comparación coas redes sociais centralizadas
BLOQUE 2. MASTODON: A ALTERNATIVA DESCENTRALIZADA
- Que é
- Estrutura
- Creación e xestión dunha conta
BLOQUE 3. OUTRAS PLATAFORMAS DO FEDIVERSO
- Visión xeral
- Interoperabilidade
DOCENTE
MARTA G. FRANCO: Autora do libro ‘Las redes son nuestras. Una historia popular de internet y un mapa para volver a habitarla’ (Consonni, 2024). Ademais, traballa deseñando estratexias dixitais co colectivo La intersección e é unha das impulsoras da campaña «Ímonos xuntas», que ten por obxectivo facilitar unha mudanza colectiva ao fediverso.
Categorías:Formación, Formación Bamad, Formación outras entidades