Valoración das medidas do Plan de Arquivos executadas pola Xunta de Galicia entre 2022 e 2024


No ano 2022 botou a andar o Plan de Arquivos de Galicia co obxectivo de mellorar a xestión da información arquivada polo Goberno galego.

O plan estruturouse en 3 liñas estratéxicas e 62 accións para un horizonte de catro anos, de 2022 a 2026, e posto que se acaba de acadar o ecuador dese período, a Xunta de Galicia publicou o seu balance sobre as medidas executadas e os avances acadados neses dous primeiros anos, e que podedes consultar aquí (páxinas 50 e 51).

Unha vez analizado o documento, BAMAD Galicia cre conveniente realizar as seguintes puntualizacións:

LIÑA ESTRATÉXICA 1: ORDENACIÓN DE RECURSOS. O avance real que se produciu neste eido é absolutamente insuficiente e apenas axuda a paliar a enorme carencia de recursos dos arquivos da administración autonómica. No Consello da Xunta durante o cal se avaliou a execución do plan saliéntase a convocatoria de dous procesos selectivos, pero estes procesos só conseguen manter os escasos cadros de persoal de arquivistas da Xunta de Galicia. De feito, nestes dous anos só se creou e dotou unha nova praza de arquivista, a da Consellería de Pesca, e a día de hoxe só esta consellería e a de Cultura contan con arquivista. Do mesmo xeito, os recursos materiais tampouco se viron incrementados e os arquivos non dispoñen de novos espazos de depósito equipados, polo que é difícil que as condicións para desenvolver o traballo arquivístico experimentasen un salto cualitativo e/ou cuantitativo. A situación de partida practicamente non variou.

LIÑA ESTRATÉXICA 2: XESTIÓN DOS ARQUIVOS. BAMAD Galicia valora positivamente o traballo levado a cabo polo Consello de Avaliación Documental de Galicia e, á espera de coñecer o borrador de decreto ao que se alude no documento, tamén é positiva a elaboración dunha guía de xestión documental para a Consellería competente en materia de Educación aínda que insuficiente, posto que o resto de Consellerías precisan da creación dos correspondentes arquivos centrais que a lexislación contempla e de persoal técnico que as atenda. A partir de aí, contar con procedementos técnicos específicos para mellorar a organización documental debe ser algo habitual. O mesmo se pode dicir da nova ferramenta de xestión ARQA, cuxa utilidade queda diluída se non hai profesionais que a empreguen correctamente, sobre todo no ámbito dos arquivos da administración local.

LIÑA ESTRATÉXICA 3: POTENCIAR A DIFUSIÓN DO MATERIAL DOCUMENTAL. Dentro desta liña é fundamental seguir aunando esforzos para que todas as iniciativas que partan da administración autonómica en canto a dixitalización de fondos e actividades de difusión se materialicen nun maior coñecemento por parte da cidadanía do patrimonio documental galego e nun incremento de usuarios dos arquivos da Rede.

Por último, cremos que é fundamental deixar clara unha cuestión terminolóxica que pode levar a engano se non se comunica convenientemente. A Xunta de Galicia non conta con 12 arquivos centrais, xa que só dúas consellerías teñen persoal técnico con formación no ámbito da arquivística, nin con 6 territoriais, dado que non foron creados os da Coruña, Ourense e Ferrol.

Categorías:Arquivos, Noticias Bamad

3 replies

  1. Logo de chegar das vacacións atopo esta resposta de BAMAD a nota publicada pola Xunta o Plan de Arquivos de Galicia, a que eu tamén vou realizar as seguintes puntualizacións:
    A liña estratéxica 1. ORDENACIÓN DE RECURSOS. Fala da convocatoria de dous procesos selectivos, pero que estes procesos só conseguen manter os escasos cadros de persoal de arquivistas da Xunta de Galicia. Puntualizo que isto non é así, é peor, dado que nin iso se consegue debido a que, no grupo A1 saen 5 prazas convocadas que serían: Emprego, Política Social, e cadansúa praza nos arquivos de Galicia, do Reino de Galicia e Histórico Provincial de Pontevedra. A hora da oferta para tomar posesión, atópanse soamente con 4 prazas, dado que a praza de Emprego foi amortizada (sen que eu teña constancia de que BAMAD fixera algunha alegación), como se soluciona isto?, destruíndo máis prazas, xa que tres prazas do A2 (Lugo, Pontevedra e Coruña), son reconvertidas en A1, para solucionar o tema da praza que faltaba, tampouco teño constancia de ningunha alegación por parte de BAMAD.

    A praza da Consellería do Mar é a única creada recentemente, pero se computamos a amortización da praza de Emprego, o saldo de prazas creadas é cero.

    En canto a matización de “ cremos que é fundamental deixar clara unha cuestión terminolóxica que pode levar a engano se non se comunica convenientemente. A Xunta de Galicia non conta con 12 arquivos centrais, xa que só dúas consellerías teñen persoal técnico con formación no ámbito da arquivística, nin con 6 territoriais, dado que non foron creados os da Coruña, Ourense e Ferrol.” É verdade a Xunta de Galicia non conta con 12 arquivos centrais, conta con catro arquivos centrais , o da Consellería do Mar , o da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, o da Consellería de Economía e Industria e o da xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña, con prazas que aparecen nas RPT, de tal xeito que as persoas que as ocupan, dos arquivos centrais de Industria, adquirirán proximamente a súa condición de funcionarias de carreira do corpo superior facultativo de arquivos, mediante un proceso de estabilización.
    Estes dous últimos Arquivos, si teñen persoal técnico con formación, logo da licenciatura, teñen estas persoas o posgrao en Arquivística. Tamén se pode demostrar pola súa ampla traxectoria profesional en arquivos municipais e da Xunta de Galicia.
    Dicir así mesmo, que esta formación tamén se consegue polos traballos realizados, como poden ser, entre outros, elaboración de 10 estudos de identificación e valoración documental aprobados xa, polo Consello de Avaliación Documental. A eliminación aprobada e realizada de 12.751 u.i. A transferencia de máis de 8700 u.i ao Arquivo de Galicia, a transferencia de máis de 4. 112 u.i. ao Arquivo do Reino de Galicia. A transferencias aos arquivos centrais de Industria e Emprego dende oficinas (entre elas as “recuperadas de seren destruídas” )de máis de 35.000 u.i. A xestión de cerca de 1000 préstamos anuais, e de máis de 400 consultas.
    Recordar que dende o ano 2015 ao decembro do ano 2020 Industria estivo unida a Emprego, de aí a praza creada para o Arquivo de Emprego, na RPT do ano 2018 (DOG nº 136 do 17 de xullo de 2018) e que foi amortizada no decreto de estrutura da nova Consellería de Emprego e Igualdade.

    Montse Maneiro Bermúdez. Arquivista do arquivo Central de Economía e Industria

  2. Onte fixen un comentario, hoxe o revisar ese comentario, decateime dun erro. As prazas convocadas do A1 foron 5, e as prazas que tiñan para ofertar eran 4.

    Considero preciso facer esa corrección

    Montse Maneiro. arquivo Central de Economía e Industria

  3. Logo de chegar das vacacións atopo  esta resposta de BAMAD a nota publicada pola Xunta o Plan de Arquivos de Galicia, a que eu tamén vou realizar as seguintes  puntualizacións:

    A liña estratéxica 1. ORDENACIÓN DE RECURSOS.  Fala da convocatoria de dous procesos selectivos, pero  que estes procesos só conseguen manter os escasos cadros de persoal de arquivistas da Xunta de Galicia. Puntualizo que isto non é así, é peor,  dado que nin iso se consegue debido a que, no grupo A1 saen 6 prazas convocadas que serían: Emprego, Política Social, e cadansúa praza nos arquivos de Galicia, do Reino de Galicia e Histórico Provincial de Pontevedra.  A hora da oferta para tomar posesión, atópanse soamente con 5 prazas, dado que  a praza de Emprego foi amortizada (sen que eu teña constancia de que  BAMAD  fixera algunha  alegación), como se soluciona isto?,  destruíndo máis prazas, xa que tres prazas do A2 (Lugo, Pontevedra e Coruña), son reconvertidas en A1, para solucionar o tema da praza que faltaba, tampouco teño constancia de ningunha alegación por parte de BAMAD.

    A praza da Consellería do Mar   é a única creada recentemente, pero se computamos a amortización da praza de Emprego, o saldo de prazas creadas é cero.

    En canto  a matización de “ cremos que é fundamental deixar clara unha cuestión terminolóxica que pode levar a engano se non se comunica convenientemente. A Xunta de Galicia non conta con 12 arquivos centrais, xa que só dúas consellerías teñen persoal técnico con formación no ámbito da arquivística, nin con 6 territoriais, dado que non foron creados os da Coruña, Ourense e Ferrol.”

    É verdade a Xunta de Galicia non conta con 12 arquivos centrais, conta con catro arquivos centrais , o da Consellería do Mar , o da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, o da Consellería de Economía e Industria e o da xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña, con prazas que aparecen nas RPT, de tal xeito que as persoas que as ocupan, dos arquivos centrais de Industria,  adquirirán proximamente a súa condición de funcionarias de carreira do corpo superior facultativo de arquivos, mediante un proceso de estabilización.

    Estes dous  últimos Arquivos,  si teñen persoal técnico con formación, logo da licenciatura,  teñen estas persoas o posgrado en Arquivística. Tamén se pode demostrar pola súa ampla traxectoria profesional  en arquivos municipais  e da Xunta de Galicia.

    Dicir así mesmo, que esta formación ben tamén, dos traballos realizados,  como poden ser, entre outros, elaboración de 10 estudos de identificación e  valoración documental aprobados xa polo Consello de Avaliación  Documental.  A eliminación aprobada e realizada de  12.751 u.i.  A transferencia de máis de 8700 u.i ao Arquivo de Galicia, a transferencia  de mais de 4. 112 u.i. ao Arquivo do Reino de Galicia. A transferencias aos arquivos centrais  de Industria  e Emprego dende oficinas (entre elas as “recuperadas  de seren destruidas” )de máis  de 35.000 u.i.  A xestión de cerca de 1000 préstamos anuais,  e de máis de 400 consultas.

    Recordar que dende o ano 2015 ao  decembro do ano 2020 Industria estivo unida a Emprego, de aí a praza creada para o Arquivo de Emprego, na RPT  do ano 2018 (DOG  nº 136 do 17 de xullo de 2018) e  que foi amortizada no decreto de estrutura da nova Consellería de Emprego e Igualdade.

    Montse Maneiro Bermúdez.  Arquivista do arquivo Central de Economía e Industria

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.