
- Organizan: Asociación de Bibliotecarios/as y Documentalistas de Canarias (ByD Canarias) e Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia (BAMAD Galicia).
- Colabora: Federación Española de Sociedades de Archivística, Biblioteconomía, Documentación y Museística (FESABID).
- Imparte: Wenceslao Arroyo Machado e Daniel Torres Salinas.
- Modalidade: En líña.
- Datas de celebración: Do 22 de outubro ao 22 de novembro de 2024.
- Duración: 40 horas lectivas.
- Prezo: 60 euros para persoas socias de ByD Canarias e BAMAD Galicia (matrícula preferente). Mesmas condicións de prezo para integrantes de FESABID (será imprescindible acreditar documentalmente esta condición). Para acceder ás condicións especiais, as asociaciones/colexios integrados na Federación terán que ter subscrito o 2º Convenio de formación para a mellora do nivel de capacitación a través da formación permanente.
- Inscrición: Do 17 de xuño ao 14 de outubro de 2024.
- Número de prazas: 60.
- Metodoloxía: A través da plataforma virtual Moodle.
- Certificación: Entregarase certificado de aproveitamento ás persoas que superen a avaliación establecida polos docentes.
PARA ACCEDER AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN, PREME AQUÍ
INTRODUCIÓN
Nun mundo cada vez máis dependente das TIC, as bibliotecas poden aproveitar as vantaxes da intelixencia artificial para transformar os seus servizos e optimizar os seus recursos. Este curso ten como misión capacitar ás/aos profesionais do sector no uso de ChatGPT, a ferramenta que revolucionou as nosas vidas ao transformar a forma en que interactuamos coa tecnoloxía e accedemos á información. A través desta formación búscase mellorar a interacción coas personas usuarias, automatizar procesos administrativos e estratéxicos e garantir unha implementación ética e responsable da IA.
PROGRAMA
BLOQUE 1. FUNDAMENTOS DE IA E A SÚA APLICACIÓN EN BIBLIOTECAS
Introdución á intelixencia artificial e os seus conceptos clave. Exemplos de aplicacións de IA en bibliotecas a diferentes niveis.
BLOQUE 2. CHATGPT COMO ASISTENTE VIRTUAL
Exploración de como ChatGPT pode mellorar a interacción cos usuarios da biblioteca. Implementación de chatbots para consultas, recomendacións e soporte.
BLOQUE 3. AUTOMATIZACIÓN DE PROCESOS BIBLIOTECARIOS
Uso de ChatGPT e outras ferramentas de IA para automatizar tarefas como catalogación, xestión de contidos e uso de bases de datos. Mellores prácticas e casos de estudo.
BLOQUE 4. INTEGRACIÓN DE IA NA ESTRATEXIA BIBLIOTECARIA
Planificación e desenvolvemento de estratexias para integrar ChatGPT nas operacións diarias da biblioteca. Avaliación de impacto e adaptación de procesos.
BLOQUE 5. CONSIDERACIÓNS ÉTICAS E DE PRIVACIDADE
Análise dos desafíos éticos e de privacidade no uso de IA en bibliotecas. Normativas e directrices para unha implementación segura e responsable.
BLOQUE 6. FORMACIÓN E CAPACITACIÓN DO PERSONAL
Desenvolvemento de programas de formación para bibliotecarios no uso de ChatGPT e outras tecnoloxías de IA. Métodos de capacitación e recursos educativos dispoñibles.
DOCENTES
WENCESLAO ARROYO MACHADO
Profesor no Departamento de Información e Comunicación da Universidade de Granada. Doutor en Tecnoloxías da Información e a Comunicación, especializándose en estudos da ciencia a través de medios sociais e problemas big data. Esta liña xurde como combinación dos seus estudos no Grao de Información e Documentación e no Mestrado Oficial en Ciencia de Datos e Enxeñería de Computadores, cun enfoque especial en Ciencia de Datos. Desempeña unha participación activa no ámbito da investigación e durante os últimos anos contribuíu activamente en EC3metrics na elaboración de informes institucionais e na docencia de cursos especializados. Esta sinerxia permitiulle incorporar técnicas novedosas nos informes bibliométricos e propor metodoloxías prácticas na investigación. Forma parte da plataforma de formación de investigadores Yosigopublicando e da iniciativa InfluScience.
DANIEL TORRES SALINAS
Profesor no Departamento de Información e Comunicación da Universidad de Granada. Licenciado en Humanidades (2001), Documentación (2003) e Doutor en Documentación Científica (2007). Foi bibliotecario, libreiro e desenvolveurse profesionalmente creando e dirixindo unidades de bibliometría, primeiro na Universidade de Navarra e logo na Universidade de Granada (2007-2023). Foi Investigador Posdoutoral e dende 2022 Profesor Contratado Doutor do Dpto. de Información e Comunicación (UGR). É membro do Grupo de Investigación EC3 dedicado a temas relacionados coa Bibliometría Avaliativa e as métricas alternativas. Ten máis de 80 contribucións científicas en Web of Science. Foi CEO (2013-2023) e actualmente é consultor senior de EC3metrics spin-off. É responsable de dúas asignaturas na Facultade de Tradución e Interpretación e participa en dous mestrados da UGR e un experto da UPO. Imparte e comparte en acceso abierto cursos sobre Bibliometría Evaluativa, Comunicación e Publicación Científica, Escritura Científica e Académica, Carreira Investigadora, etc… É promotor da plataforma de formación de investigadores Yosigopublicando e da iniciativa InfluScience dedicada a analizar a influencia e o impacto social da investigación. Dende 2023 ocupa a Coordinación para a Avaliación do Impacto Social no Vicerreitorado de Innovación Social, Empleabilidade e Emprendemento da UGR.
Categorías:Bibliotecas, Formación, Formación Bamad, Formación outras entidades