ANABAD Cantabria celebra unha xornada dedicada aos datos abertos


A Asociación Cántabra de Archiveros, Bibliotecarios, Museólogos y Documentalistas (ANABAD Cantabria) celebra este venres, 24 de maio de 2024, unha xornada baixo o título “Datos abertos: filosofía e práctica” que terá lugar no salón de actos da Biblioteca Central de Cantabria, en Santander.

Esta xornada sirve como complemento ás actividades formativas de ANABAD Cantabria e tamén como lugar de encontro para profesionais de distintas asociacións. Nesta ocasión, BAMAD Galicia foi convidada a participar nunha mesa redonda de asociacións do norte de España xunto a APEI (Principado de Asturias), ALDEE (Euskadi) e ACAL (Castela e León) na que se falará do panorama open data nestas comunidades autónomas. Como representante de BAMAD acudirá o noso compañeiro Xoán Manuel Pérez Lijó.

Podedes consultar todos os detalles da xornada na web jornadas.anabadcantabria.com

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.