
BAMAD Galicia e a Fundación Olga Gallego están a preparar para os días 29 e 30 de novembro de 2024 unhas xornadas que xirarán en torno á preservación da memoria no rural e á prestación de servizos bibliotecarios, arquivísticos e museísticos en zonas despoboadas.
O título das xornadas será “Á procura do pasado para armar o futuro: O rural e as institucións da memoria” e celebraranse no Centro Cultural O Vello Cárcere da cidade de Lugo.
Nas próximas semanas achegarase a información sobre o programa e a inscrición a través da web de BAMAD, das nosas redes sociais e de memoriadocumental.gal