
O lema do día 8 de marzo de 2024 é “Investir nas mulleres: acelerar o progreso”.
Dende a ONU dinnos que lograr a igualdade de xénero e o benestar das mulleres en todos os ámbitos é máis crucial que nunca se queremos xerar economías prósperas e conseguir un planeta saudable.
Dende o noso ámbito seguimos a reivindicar investir nas mulleres nos centros da memoria. Investir en:
– Políticas públicas que desenvolvan a perspectiva feminista nos centros, unhas políticas que revisen as técnicas das nosas profesións, que xeren dinámicas de traballo interdisciplinares para a mellor integración e posicionamento das mulleres nos arquivos, bibliotecas e museos.
– Políticas públicas que melloren a situación das profesionais de arquivos bibliotecas e museos e incorporen medidas para avanzar no seu desenvolvemento, un colectivo moi feminizado, pouco valorado e con escasas posibilidades de promoción.
BAMAD Galicia seguirá a traballar pola igualdade, desde a nosa responsabilidade social, para que as nosas profesións incorporen, como obxectivo prioritario, a aplicación da perspectiva feminista.
Categorías:Noticias Bamad