Día Internacional dos Monumentos e Lugares Históricos


icomos2Esta celebración foi proposta polo Consello Internacional dos Monumentos e Lugares Históricos (ICOMOS) o 18 de abril de 1982 e aprobado pola Asemblea Xeral da UNESCO en 1983. O seu fin é promover a toma de conciencia sobre a diversidade do patrimonio cultural da humanidade, da súa vulnerabilidade e dos esforzos que require para a súa protección e conservación.

Cada ano é dedicado a unha temática diferente. Neste 2013 o tema escollido é O Patrimonio da Educación, incluíndo nesta denominación todo tipo de ben  patrimonial que, no marco da diversidade cultural mundial, están relacionados coa educación. Os  comités nacionais do ICOMOS están invitados a organizar manifestacións relacionadas con esta data tan importante: xornadas, conferencias, notas de prensa, paneis, visitas a bens patrimoniais, etc. 

En Galicia contamos cun magnífico Museo que recolle os obxectivos do ICOMOS deste ano. O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) é o centro destinado a recuperar, salvagardar, estudar, mostrar e difundir todas aquelas expresións educativas que poñan de manifesto a variedade e riqueza do patrimonio pedagóxico de Galica, posibilitando así a súa catalogación, sistematización e custodia. Deste xeito, asegurarase a súa permanencia no tempo, fomentarase a súa indagación científica e propiciarase a súa transmisión como legado vivo e en emerxencia continua ao acervo cultural de Galicia.

escola1930

Propostas de interese relacionadas:

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.