III Encontro da Fundación Olga Gallego. Os arquivos familiares: sumando miradas


  • Ciclo de conferencias virtuais: do 20 de maio ao 10 de xuño de 2021.

Este ano a Fundación, debido á pandemia do Covid-19, preparou un novo formato na celebración do III Encontro da Fundación Olga Gallego. Coa colaboración da arquiveira Susanna Muriel, non queren deixar pasar a ocasión de realizar encontros con novos especialistas e buscar outros puntos de encontro, así como avanzar profesionalmente cunha visión máis ampla en todos os ámbitos relacionados cos Arquivos Familiares, aqueles conxuntos custodiados na casa polos seus produtores e unidos fisicamente á súa significación emocional.

Trátase dun ciclo de conferencias virtuais que recolle as miradas de 14 persoas expertas arredor dos arquivos familiares. Arquivistas, historiadores, xenealoxistas, fotógrafos, coleccionistas, deseñadores, artistas gráficos e pintores que coa súa obra poñen en valor e ofrecen unha aposta innovadora no campo do estudo da imaxe familiar.

Obxectivo principal: fomentar os traballos arquivísticos especializados e de creación artística contemporánea ao redor dos arquivos familiares.

O encontro proponse como un espazo aberto, inclusivo e transversal para calquera persoa interesadas nestes temas. Encontro plural que identifica os arquivos familiares ampliando as aproximacións cara a imaxe de quen a observa, quen a le, quen a interpreta, quen a custodia e quen se apropia nun tráfico de usos que abre o horizonte deste tipo de imaxes.

DATAS: 20 e 27 de maio, 3 e 10 de xuño 2021, De 17:00h a 19:30h.

Programa

Inscrición

  • 25 € ; 15 € para membros de asociacións que formen parte da Coordenadora de Asociacións de Arquiveiros (CAA).
  • Inscrición gratuíta para persoas membros de BAMAD Galicia, estudantes e desempregados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.