23 de abril 2021: Actividades polo Día do libro


Abril, mes do Libro

O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor é unha festividade para promover o desfrute dos libros e da lectura. Cada 23 de abril, data simbólica da literatura universal na que coincide a desaparición dos escritores William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega, sucédense celebracións en todo o mundo para dar a coñecer o poder máxico dos libros: un nexo entre o pasado e o futuro, unha ponte entre xeracións e distintas culturas. A Directora Xeral da UNESCO, Audrey Azoulay, nomeou á cidade de  Tiflis (Georgia) como a Capital Mundial do Libro 2021 co lema “ok, o tu próximo libro é…?

Diseñado específicamente para nenos, mozos e lectores que teñen acceso limitado aos libros, o programa de actividades centrarase na innovación. O obxectivo principal da cidade é popularizar a lectura e aumentar a accesibilidade aos libros para toda a sociedade.

O ano pasado por circunstancias por todos coñecidas do confinamento, as bibliotecas, librarías e diferentes axentes involucrados no ámbito cultural da lectura, non puideron desenvolver as súas actividades connmemorativas de xeito ordinario. Este ano as bibliotecas volven con máis forza e continúan a se esforzar en realizar actividades para continuar co seu labor difusor da cultura e de achegamento da lectura á cidadanía.

Actividades nas Bibliotecas Galegas para celebrar o día do libro (en construción):

Nesta noticia tamén se aportan algunhas actividades que se van realizar nas Bibliotecas Públicas da Xunta de Galicia: As bibliotecas públicas da Xunta celebran o Día do Libro cunha programación online para o fomento e dinamización da lectura

Ames: Biblioteca Pública Municipal

  • Presentacións de libros
  • Obradoiros
  • Concurso de debuxo
  • Sorteo nas librarías
  • Festa do Día do Libro

Caldas de Reis: Biblioteca Pública Municipal Padre Manuel Martínez Ferro

Para celebrar o 23 de abril desenvolven as seguintes actividades:

  • Entrega dun lote de libros aos lectores con máis préstamos no último ano
  •  Sesión de contos para público infantil a cargo de Caxoto con “Un libro baixo a almofada”
  • Exposición dos libros máis prestados na biblioteca
  • Inicio da actividade “A biblioteca vai ao cole“: actividade de extensión bibliotecaria. A biblioteca irá aos centros a informar sobre os servizos mostrando unha parte dos seus fondos e, de paso, contarlle uns contos

A Coruña: Biblioteca Pública Miguel González Garcés

Exposicións:

  • Do 6 de abril ao 16 de maio: Noroeste Cuarto Oeste. Roteiros de Ficción. A exposición, comisariada por Xaquín Núñez Sabarís estrutúrase arredor de catro eixos: Os mapas do Noir, Néboas, misterios e monstros, A síndrome de Ulises e Camiños, Compostela.
  • Do 19 ao 26 de abril: Aquela Nena de Sarria: sobre Xela Arias

Encontros con autores: Xoves 8 de abril, ás 190h. con Alfonso Vázquez-Monxardín, para participantes do Clube de Lectura

Visita extraordinaria para comemorar o Día do Libro: 23 de abril ás 12h. e ás 17h.

A Xanela do Maxín con Os libros da Titiriteira, 23 de Abril, no salón de actos ás 19h. para público familiar.

Obradoiro de lectura de relatos, 23 de abril ás 11h.

Mostras bibliográficas:

  • Nesta primavera un libro por ti espera, do 9 ao 30 de abril
  • Obras dos galardoados co premio Miguel de Cervantes, do 7 ao 30 de abril.

Programa Completo

A Guarda: Biblioteca Pública Municipal

  • ESPECTÁCULOS INFANTÍS:

As propostas escollidas para o entretemento das familias combinan o humor e a música. Así esta semana estrease o espectáculo “Riscando o Ceo” con clown, acrobacias e malabares na Praza do Reló o venres 16 de abril ás 19h. A cargo da compañía Circo Chosco que se inspirou no conto do Principiño porque nos ensina a ver a realidade desde perspectivas diferentes “deixando o importante para ver co corazón” crease unha proposta moi visual e próxima que fai ao público viaxar co perigo e a risa.

A vindeira semana será o momento para os mais pequenos, coa proposta “Contos do Chupete” da compañía Migallas, unha sesión de contos pensada para os mais pequenos da casa (0 a 5 anos) na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. A cita será no Centro Cultural o 24 de abril ás 12.00h. cun aforo moi limitado, precisa a inscrición previa no mail: aguarda.rbgalicia@eidolocal.es ou no teléfono 649 327 525 (de 17 a 20h), anotando só a un adulto acompañante por cada menor asistente.

  • AGASALLO DE LIBROS E MURAL NA BIBLIOTECA

Na semana propia do libro, a partir do día 20 iniciarase unha iniciativa de agasallo de libros en diferentes puntos da localidade, concretamente na sede do Concello, na Praza de Abastos e no Centro Cultural instalaranse uns puntos con libros para que os veciños poidan levar como agasallo. Estes puntos de agasallo contan coa colaboración de O Piueiro e a Comisión de Festas da Virxe do Carme, que prestaron e decoraron as tradicionais gamelas do Carme para unir á iniciativa a personalidade mariñeira da nosa vila

E xa na véspera do día do Libro, o 22 de abril, instalarase un mural no vestíbulo da Biblioteca tamén de temática mariñeira que invitará aos usuarios a completar con frases e mensaxes sobre o significado dos libros e a Biblioteca para os lectores, continuando a iniciativa que tan bo éxito acadara no 2020 a través das Redes Sociais.

  • I RUTA DO LIBRO

A última das iniciativas centrase xa no aspecto comercial dos libros incentivando o consumo de libros nas nosas librerías. A proposta para este fin consiste en premiar a aqueles veciños que consuman un mínimo de 30€ en libros nas librerías guardesas. Estes veciños só terán que xuntar os tickets de compra que acrediten ese gasto e ensinalo na Biblioteca onde poderán recoller unha bonita bolsa para transportar libros.

Programa completo

Narón: Biblioteca Pública Municipal

O meu libro é para ti: intercambio de libros entre uuarios

Oleiros: Biblioteca do CEIDA

Celebramos, un ano máis, o Día da Terra e o Día do Libro (22 e 23 de abril), lendo a natureza!
Dende o CEIDA queremos animarte a participar na campaña que novamente poñeremos en marcha nas nosas redes sociais, onde a natureza e os libros son os protagonistas. Por iso precisamos da túa colaboración:

  • 1. Grava un vídeo de 60 segundos (máximo) recomendando ou lendo algún parágrafo dun libro de contido ambiental. Poden ser obras literarias dirixidas a público adulto, infantil ou xuvenil; guías de natureza; ensaios, obras técnicas…
  • 2. Compárteo nas túas redes sociais (Facebook, Twitter ou Instagram) co cancelo #LendoNatureza e nomea ou etiqueta ao CEIDA (@ceidagalicia)
  • 3. Se non tes posibilidade de compartilo directamente nas redes, podes envialo a difusion@ceida.org ou ao teléfono 638 16 93 16 (whatssap ou telegram) e o equipo do CEIDA subirémolo por ti ás canles.
  • ·4. Os vídeos poden compartirse dende o 19 ao 23 de abril.

Axúdanos a encher de lecturas verdes as redes: http://www.ceida.org/gl/novidades/celebramos-o-dia-da-terra-e-o-dia-do-libro-lendonatureza

Oleiros: Bibliotecas Públicas Municipais

Biblioteca Central Rialeda. Perillo

Recomendacións de libros para moz@s e adult@s. Recomendacións de libros e películas para público infantil e xuvenil: selección de títulos de todos os xéneros para ofertar aos usuarios en préstamo.

Latitudes de lecturas en Oleiros: cal é o mellor lugar de Oleiros para a lectura: recompilación de fotografías dos usuarios.

Exposición: A Luz na batalla: exposición bibliográfica sobre Emilia Pardo Bazán

A Hora do conto:

  • 22 de abril ás 18.30h. Contacontos de libros ocntenbtos con Carmen Domech
  • 29 de abril ás 18.30h. Contos e cores con Eduvía

Biblioteca P. M. Rosalía de Castro. Santa Cruz

Exposición de obras de escritores e escritoras galardoados co Premio Cervantes

O que le, vístese por dentro: os usuarios recomendan lecturas

A Hora do conto:

  • 21 de abril ás 18.30h. Contamundos con Eduvía
  • 28 de abril ás 18.30h. Como escoitar e gozar nunha sesión de contacontos con Ramiro Neira

Biblioteca P.M. Mª José Trincado. Mera

A lectura como bálsamo: mostra bibliográfica con bo sabor de boca.

Opinións de lectura: dos usuarios sobre as súas lecturas

Marcapáxinas: obradoiro de realización de marcapáxinas conmemorativas do día do libro

A Hora do conto: 30 de abril, ás 18.30h. Contos de miúdos con Ana Carreira

Biblioteca P.M. Xograr Mendiño. Lorbé

Cervantes e Shakespeare: exposición de obras dos dous autores

Marcapáxinas: obradoiro de realización de marcapáxinas conmemorativas do día do libro

Mural de recomendacións: de títulos realizadas polos usuarios

A Hora do conto: 22 de abril, ás 18.30h. Cousas debruxas con Lía Magalia

Biblioteca P.M. Manuel María. Oleiros

E ti.. que les? recomendación de libros dos usuarios e exposición dos mesmos.

Biblioteca P.M. Mª José Ruso. Dorneda

Compartindo unb libro: mostra bibliográfica coas recomendacións dos usuarios.

Biblioteca P.M. Ánxel Fole. Nós

A hora do conto: 23 de abril, ás 18.30h. En Busca dos monstros con Trécola Teatro. Poderase seguir tamén por youtube.

Programación completa

Ourense: Biblioteca Pública Nós

  • 23 de Abril, 19h. Encontro con Antón Riveiro Coello. O autor falará do seu último libro O paraíso dos inocentes.
  • Mostra desde o 5 de abril: Queres ser a primeira persoa para este libro? Queremos celebrar a festa do libro dándolle unha segunda oportunidade a aqueles títulos que nunca se leron. Mostra bibliográfica con libros que temos na Biblioteca e que non saíron nunca en préstamo. Apoiándonos nas redes da biblioteca, faremos un chamamento para atopar a persoa lectora apropiada para ese título.

Poio: Biblioteca Municipal

Venres 23, decoración especial na biblioteca e inicio do Pasaporte Lector

  • Actividade: Pasaporte Compostela. O Camiño de Santiago agrupa unha serie de rutas de peregrinación que se dirixen a Santiago. O conxunto dos seus valores mereceu xa diversos recoñecementos, como a súa declaración como Primeiro Itinerario Cultural Europeo en 1987 do Consello de Europa e máis recentemente no ano 2015 como Ben declarado Patrimonio Mundial. Pretendemos iniciar un reto lector nesta data tan especial e aproveitando novamente que é Ano Xubilar.

Marcaremos as lecturas nos estantes coas famosas frechas amarelas. Entregaremos os participantes adultos e cativada un pasaporte lector, con 6 etapas que corresponden as lecturas que elixan dentro das propostas arredor do Camiño de Santiago. Unha vez que rematen coa lectura selarase do mesmo xeito que se fai coa compostelana. Os primeiros en completar as 6 etapas recibiran un lote bibliográfico adulto e infantil respectivamente.

  • Actividade: Photocall literario na rede. Concurso para que amosen a afición pola literatura a través da fotografía. Para poder participar deben publicar unha fotografía en Facebook ou Instagram co hashtag #fotolibro2021. O gañador ou gañadora recibirá de agasallo un lote de libros. Actividade dirixida a tódolos públicos.

Pontevedra: Biblioteca Pública Antonio Odriozola

Venres, 23 de abril 19:30 h. Soledad Felloza fai contaconos para adultos.

Redondela: Bibliotecas Municipais

As Bibliotecas Municipais de Redondela puxeron  en marcha, baixo a coordinación da narradora e dinamizadora cultural Ana Facchini, unha homenaxe radiofónica, a través das ondas da Radio Municipal de Redondela, á autora Xela Arias á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.   Redondela, ten unha vinculación afectiva con Xela Arias plasmada no nomeamento da biblioteca de Chapela co nome da autora, no ano 2018.”

“Xela a Diario”, unha chiscadela á obra “Darío a diario”, que é o nome que recibe a iniciativa  se desenvolve en dúas fases, a primeira delas, Xela a Diario. O Poema somos nós!”,  do 5 ao 30 de abril como homenaxe á autora dentro do mes máis emblemático para todos os amantes dos libros e como conmemoración do Día do Libro e a segunda no mes de maio.

Información completa

Ribadavia: Biblioteca Pública Municipal

Actividades mes de abril, mes dos libros

  • Exposición con photocall
  • Mostra bibliográficas libros infantís sobre outros paises e culturas
  • Actividade infantil con pasaporte lector, billete de avión e selos de paises, con visado    cada vez que leven libros da biblioteca, un deles da selección do proxecto. Ao finalizar levaran de agasallo, un libro.
  • 2 de abril, contacontos “De aquí para alá” con Lydia Botana para celebrar o Dia Internacional do Libro Infantil.
  • 23 de abril, actividade en colaboración coa OMIX de Ribadavia e o CEIP Plurilingüe de Ribadavia.6 sesión de contacontos “Contos do mundo” co voluntariado internacional da OMIX. Cada voluntario dos distintos paises contará un conto típico do seu pais e logo os nenos, tras traballar esa semana no colexio sobre os paises das voluntarias, faranlle preguntas relacionadas co seu pais.
  • Reparto de libros entre os que se acheguen este día a facer préstamo á biblioteca.

Santiago de Compostela: Biblioteca Pública Ánxel Casal

  • 21 de Abril, ás 19,30h. Encontro entre os escritores Juan Tallón e Xacobe Pato no que baixo o título “Vida de pobre escritor”
  • 22 de Abril, ás 18,30h. Obradoiro “Laboratorio zooilóxico” a cargo da ilustradora María Lires
  • 23 de Abril: Charla “A vida secreta de Arantza Portabales” a cargo da escritora Arantza Portabales e Mercedes Corbillón
  • 24 Abril: Contacontos “Bailar nas nubes” Sábado 24 de abril, ás 12.00h no salón de actos, a cargo de Soledad Felloza
  • Do 6 ao 20 de Abril: Mostra bibliográfica: 23 de abril – Día Internacional do Libro
  • Do 13 ao 30 de Abril: Mostra bibliográfica: Préstamo invisible: as usuarias e usuarios recomendan

Programa Completo

Santiago de Compostela: Biblioteca da Fundación Granell

Libro por libro: feira de intercambio de libros de arte.

O vindeiro día 23 de abril, a biblioteca da Fundación Eugenio Granell organiza a actividade ”Libro por libro”, que consiste en que todos aqueles particulares e institucións que o desexen poderán intercambiar os seus libros por calquera dos que se atopan nos stocks de libros repetidos da Biblioteca da Fundación Granell.

Asemade a Fundación Granell convida a calquera biblioteca interesada nesta iniciativa a participar connosco.

A filosofía da actividade pode resumirse no lema: “Alguén ten un libro que ti queres, alguén quere o libro que ti tes”.

Pola súa parte a biblioteca de la Fundación Granell conta con libros repetidos (novos e usados) dos eidos da arte, cultura, ciencias sociais, etc. así coma libros que edita a propia Fundación, que serán postos a disposición do público en xeral co fin de intercambialos por outros títulos das seguintes áreas temáticas: surrealismo, vangardas, e arte étnico.

Para realizar o intercambio deberán dirixirse á Biblioteca da Fundación Granell de 11:00 a 14:00 horas.

Teo: Bibliotecas Públicas Municipais

  • 19 a 24 de abril: Exposición ‘Os libros da nosa vida’, no Auditorio Constante Liste. A mostra propón unha viaxe por algunhas obras que acompañaron a distintas xeracións e a relación que estas tiveron con elas.
  • Paralelamente á exposición: solta de libros no Auditorio Constante Liste. Estará formada por libros doados ás nosas bibliotecas e que por adecuación ás coleccións ou duplicidade non pasarán a incorporarse ós nosos fondos. Estes libros poderán levarse de balde. As soltas serán o venres 23 de 17:00 a 19:00 h e o sábado 24 de 11:00 a 14:00 h.
  • Concurso de marcapáxinas: I Concurso de marcapáxinas das Bibliotecas Municipais de Teo. O obxecto deste concurso é o fomento da lectura e promoción das bibliotecas. Está dirixido aos nenos e nenas e adolescentes do concello, que comunicarán a través da súa expresión e creación artística as súas vivencias, intereses e emocións arredor da lectura, dos libros ou das propias bibliotecas. Poderán concursar todos os nenos e nenas que estean empadroadas no Concello de Teo, e estableceránse categorías por idades.

Vigo: Biblioteca Pública Juan Compañel

  • 1-30 abril. Exposición bibliográfica “As gañadoras do Premio Cervantes” Exposición das gañadoras do Premio Cervantes: María Zambrano, Dulce María Loynaz, Ana María Matute, Elena Poniatowska e Ida Vitale.
  • “A Biblioteca dos pequenos” de 0-3 anos os xoves alternos na sala infantil
  • Xoves 22 de abril “Andando polo camiño” Raquel Galavis. Aforo:12 nenos. Reserva tfno 886120440
  • “Os sábados, conto” a partir de 4 anos ás 12 h. na sala infantil
  • Sábado, 24 de abril: “Matías un pito con moito conto” María Canosa. Aforo:12 nenos. Reserva tfno 886120440

Programa completo

Vigo: Biblioteca Municipal Neira Vilas

Venres 23 de Abril:

Venres, 23 de abril ás 19,30 h. Soledad Felloza, contacontos para adultos

Vigo: Biblioteca-Centro de documentación do MARCO (Museo de Arte Contemporánea)

O MARCO celebra o Día do Libro cunha sesión especial de obradoiro para público infantil, e unha nova edición da experiencia de Bookcrossing en rede, en colaboración con outros museos e centros de arte.

#DíadoLibro #DíadolLibro2021 #BiblioMARCO

23 de abril: 4 HISTORIAS / 4 VIAXES: Obradoiro conducido por María Xosé Martínez, de 6 a 10 anos

  • Sesións presenciais: ás 18.15 e ás 19.30. Lugar: exterior. Praza peonil posterior xunto a Espazo Anexo (traslado a interior en caso de choiva)
  • Sesión virtual (Zoom): ás 17.00

Listas abertas para cada sesión ata completar capacidade (máximo 4 participantes en cada sesión presencial, e 12 participantes na sesión virtual). Inscricións a partir do martes 20 de abril ás 11.00: recepcion.marco@gmail.com Tel. 986 113900 ext. 100

#BOOKCROSSING2021 En colaboración con 39 bibliotecas de museos e centros de arte e cultura o MARCO súmase á experiencia Bookcrossing promovida desde ARTIUM de Vitoria-Gasteiz. Mediante un video conxunto os centros participantes comparten as súas publicacións seleccionando libros que forman parte da súa colección, e uníndose nesta campaña de fomento da lectura e de difusión da cultura contemporánea.

Programa completo

1 reply

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.