24 de outubro, Día das Bibliotecas 2020


O vindeiro día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca, unha iniciativa que dende 1997 promove a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil

O obxectivo é poñer en valor o papel das bibliotecas e a importancia de contar con uns servizos bibliotecarios de calidade, accesibles para todo tipo de públicos e en calquera etapa da vida. Desde o ano pasado  incorporouse  o lema ‘Aptas para todos os públicos’, que está presente en toda as actividades que se poñan en marcha.

A edición de este ano, baixo o lema ‘Bibliotecas, sempre ao teu carón‘ céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.

Non se podía pasar por alto  o labor das bibliotecas e do persoal bibliotecario que están á súa fronte nesta pandemia que estamos a sofrer. Así o Ministerio de Cultura pon en valor a capacidade que  demostraron as bibliotecas, independentemente da súa tipoloxía ou titularidade, para continuar ofrecendo os  seus servizos en circunstancias tan complexas coma as derivadas da crise sanitaria do COVID19. Ademais de recoñece o gran esforzo realizado polos bibliotecarios para adaptarse ás novas necesidades dos usuarios e continuar desenvolvendo o  seu traballo, incluso desde as súas casas.

  • Cartel e logo da Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través de la Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura

 

Nas bibliotecas galegas celébrase esta efeméride con numerosas actividades, algunhas das cales indicamos a continuación (en construción):

Utilizaremos os seguintes hashtag para difundir as actividades: # DíaDasBibliotecas # SempreAoTeuCarón

 

O Día das Bibliotecas en Galicia

 

A Coruña. Biblioteca Pública Miguel González Garcés

Programación completa: https://bibliotecas.xunta.gal/coruna/gl/actualidade/avisos/dia-da-biblioteca

 

Lugo. Biblioteca Pública Isidro Novo

 
  • Espectáculo teatral: Zapatos: 23 de outubro, dúas sesións ás 18 e ás 19h. Espectáculo para gozar en familia. Para bebés ata 3 anos. Inscrición previa  desde o luns 19 de outubro na sala infantil ou no teléfono 982828329

Oleiros. Bibliotecas Públicas municipais

  • Biblioteca Central Rialeda:
    • Abecedario sorpresa: escolla de libros e películas imprevistas
    • 22 de outubro, Contacontos “A noite da visita” con Soledad Felloza dirixido a maiores de 6 anos, 18.30h.
  • Biblioteca Rosalía de Castro, Santa Cruz:
    • Exposición de DVD “A visión das bibliotecas no cine”:  escolma de películas nas que figure algunha escena nunha biblioteca.
    • 21 de outubro: Contacontos “Dada e o duende” a cargo de Eduvía , maiores de 6 anos, 18.30h.
  • Biblioteca María José Trincado, Mera:
    • Exposición de libros “Próxima estación”  con libros que invitan a viaxar a un lugar real ou imaxinario. Unha para nenos e outra para adultos.
    • 30 outubro, Contacontos “Contos para durmir cun ollo aberto” a cargo de Caxoto para nenos e nenas maiores de 6 anos, ás 18:30 h.
  • Biblioteca Xograr Mendiño, Lorbé:
    • 29 de outubro: Contacontos “Coresa cargo de Ramiro Neira, para nenos/as maiores de 6 anos, ás 18:30 h.
    • Exposición “As bibliotecas na literatura”: obras tanto de adulto coma infantil onde aparezan bibliotecas.
  • Biblioteca Ánxel Fole, Nós:
    • Exposición “Bibliotecas cheas de libros e libros cheos de bibliotecas”: exposición de obras literias, tanto de adultos, como infantís e xuvenís, nas que nalgunha das súas páxinas figure algunha biblioteca ou fale de bibliotecas.
    • 23 de outubro, Contacontos “Eu quero a cargo de Ramiro Neira, para nenas e nenos de 3-5 anos.
  • Biblioteca María José Ruso, Dorneda:
    • Exposición Próxima estación” con libros que invitan a viaxar a lugares reis ou imaxinarios.
    • 19 de outubro, Contacontos “Contos de outonocon Soledad Felloza, dirixido a nenas e nenos de entre 3-5 anos, ás 18:30h.
  • Biblioteca Manuel María:
    • Novidades de banda deseñada: mostra bibliográfica das últimas novidades de banda deseñada tanto para público adulto coma infantil.
    • 20 de outubro, Contacontos “O pirata e o boticario e outras historias de grandes autorescon Soledad Felloza, dirixido a nenas e nenos maiores de 6 anos.  anos, ás 18:30h.

Redondela. Bibliotecas Municipais

  • Contos pola radio
Coa coincidencia da data do 100 aniversario de Gianni Rodari (23 de outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro), as Bibliotecas de Redondela, coa colaboración da Radio Municipal, conmemoran ambas efemérides coa actividade “Contos pola radio” . Tres persoas do municipio, relacionadas profesionalmente co mundo do libro, lerán, a través das ondas radiofónicas de Radio Redondela, tres das historias de “Contos por teléfono” na súa edición en galego da editorial Kalandraka. Duas delas, en referencia ao arranque do libro, farano acompañadas polos seus fillos.
Esta emisión poderá escoitarse a posteriori, nas redes sociais da radio municipal e das bibliotecas.
Data de emisión: 22 de outubro,  dentro da sección #LiteraturaNasOndas do programa matinal “A Estación”
 

 

 

Ribadavia. Museo Etnolóxico

  • Do dixital ao analóxico do confinamento a nova normalidade: publicación en papel do libro dixital O mes de abril na tradición

     

     Día do Libro deste 2020 colleunos en confinamento, polo que elaboramos de maneira comunitaria e colaborativa a través das redes sociais (dixitais e persoais), correo electrónico e teléfono coa recompilación de refráns, cancións, cantigas, ditos, historias… sobre o mes de abril un libro dixital. O libro pódese descargar desde o blog do Museo Etnolóxico ou da Biblioteca.

    Xa na nova normalidade, para celebrar o Día das Bibliotecas e como agasallo agarimoso para toda a xente que colaborou quixemos editalo en papel para así poder ulir, palpar, acariñar e beixar o entusiasmo comunitario daquel escuro abril de 2020. Concordamos coa reflexión de Irene Vallejo, tirada do seu libro El infinito en un junco, de que aquilo que sobreviviu durante séculos ten máis posibilidades de resistir que aquilo que é novidade.

  • Espantamos o medo

Taller en liña para clubs de lectura de bibliotecas escolares da ESO sobre contos e lendas arredor do medo: aparecidos, santa compaña, rituais fúnebres, banquetes con mortos, encontros en cemiterios, lobishomes, sacaúntos, bruxaría, meigallos… para rememorar unha das tradicións galegas de relación co máis alá.

A actividade consta de varias partes:

    • un mini taller guiado coas lecturas, a disposición no blog da Biblioteca do Museo https://bibliotecamuseoetnoloxico.blogspot.com/, estas lecturas a escoller realizaríanse durante o mes de novembro e decembro
    • o alumnado en grupo ou individualmente inventa, reinventa, reintrepeta un conto, unha historia, tendo como base un dos contos tradicionais propostos, gravaríase en audio (15’ como máximo) e enviaríase ao correo do Museo: mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal
    • contada dixital no canal de podcast do Museo Etnolóxico
    • entre todo o alumnado participante, en xaneiro, faremos sorteos de libros relacionados coa temática, facilitados pola Asociación de Amig@s do Museo e do Conxunto Histórico de Ribadavia (AMECHIR).
  • Mostra expositiva: “Tés máis conto que Calleja”:

Exporemos a colección de mini-contos da editorial Calleja, resultado dunha doazón en 2013. Destacan nestes mini-contos o seu tamaño e o preciosismo das súas ilustracións. A editorial española Saturnino Calleja fundada en 1879, en activo durante catro décadas, supuxo unha revolución dentro da edición de libros escolares e de literatura infantil en España, democratizou a lectura infantil.

 

 

Santiago de Compostela. Biblioteca Pública Ánxel Casal

  • 17 de outubro, Contacontos “Un saco de contos”  a cargo de Ángeles Goás e destinado a nenos/as de 3 a 8 anos.   ás 12.00h no salón de actos ata completar aforo. Coas medidas restrictivas da pandemia a capacidade do salón de actos é máis reducida. A sala está dividida en 14 grupos de cadeiras. Cada un deles poderá ser empregado por ata catro persoas convivintes que deberá recoller a súa invitación no mostrados de información a partir das 11:30h. A capacidade máxima é para 45 perosas. Todas as persoas maiores deben levar máscara.
  •  20 de outubro,
    • Charla “A literatura e a estupidez” a cargo da escritora compostelá Berta Dávila ás 19:30 no salon de actos.
  • 22 de outubro, Encontro con Ledicia Costas ás 18.30h no salón de actos que falará da súa obra A señorita Bubble. Para nenos e nenas a partir de 9 anos que leran previamente a obra. Poden vir con unha ou dúas persoas adultas e recoller invitación no mostrados de información a partir das 18.00h.
  • 23 de outubro, Xornada de portas abertas con visita guiada extraordinaria aos espazos menos coñecidos da biblioteca a partir das 11.30h. Máximo 9 persoas.
  • 24 de outubro.
    • Entrega de lotes de libros ás “superlectoras” e “superlectores” infantís e adultos.
    • Espectáculo familiar “Contos para un mundo mellor a cargo de Mamá cabra ás 12.00h. no salon de actos para nenos e nenas a partir de 3 anos.

Vigo. Biblioteca Pública Juan Compañel

  • 21 de outubro, Encontro dos lectores con Ledicia Costas, ás 18.30h.
  • 23 de outubro, Xornada de portas abertas: visitas guiadas ás 12.30 e ás 18.00h.
  • 24 de outubro, Contacontos: Un Mostro na biblioteca? con Marisa Irimia ás 12:00 h.
  • Narración oral en italiano: do 19 ao 24 de outubro, todolos días de 18.00 h. a 19.00 e sábado de 1.30h. a 11.30 h.
  • Exposicións Bibliotecas italianas: do 13 ao 28 de outubro na planta baixa da biblioteca: con motivo da coincidencia do Día das Bibliotecas coa XX semana da lingua italiana do mundo facemos un pequeno repaso as máis importantes bibliotecas italianas.
  • Libros ilustrados infantis italianos (do 19 de outubro ao 7 de novembro na sala infantil.

 

Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Encontro con Ledicia Costas e Víctor Rivas: Para festexar o Día da Biblioteca realizaremos un encontro coa escritora Ledicia Costas e o ilustrador Víctor Rivas, ambos creadores de grandes éxitos da Literatura Infantil como Esmeraldina a pequena defunta, Escarlatina a cociñeira defunta e a súa última obra Vampira de Biblioteca. Luns 26 ás 18h.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.